Novas

O COTSG e o alumnado de traballo social graffitean contra a violencia

O COTSG e o alumnado de traballo social graffitean contra a violencia

O Colexio de Traballo Social de Galicia (COTSG), a Escola Universitaria de Traballo Social (EUTS) e a Facultade de Traballo Social de Ourense levaron a cabo unha performance na Praza da Quintana e na facultade de Ourense para visualizar e sensibilizar ás persoas sobre a violencia machista.

No caso de Santiago, o alumnado creou unha árbore cos seus corpos nas escaleiras da praza. A profesora da EUTS, Lorena Añón explicou que “as raíces son as redes que tecemos as mulleres coa nosa loita para que a violencia de xénero teña o seu fin. O tronco somos todas aquelas que aportamos a nosa forza para que a loita non cese, as ramas son todas as mulleres do mundo, as follas as que foron asesinadas e os froitos a esperanza do cambio social”.

En Ourense, o coordinador do grao en traballo social, Francisco Aguiar, afirmou que «é moi importante que nas carreiras de intervención social, como neste caso, nos acheguemos a outras maneiras de expresión. A arte pode ser unha ferramenta tamén para a acción social, para intervir nas comunidades dunha maneira moi interesante».

25n 25nstg 25nstg1

No #DíaDeRosalía lembramos a súa contribución ao feminismo. Prólogo de La hija del mar: "Porque todavía no les es p… https://t.co/6vk6fsUgcm
Se non puideches vir ao acto de #ConcepciónArenal podes ver o coloquio no que estiveron os membros do… https://t.co/BFSEGHoFP6
Dar e recibir coidados e apoio é unha parte indispensable nunha relación e marcar límites: podes quedar coas túas a… https://t.co/OmXDYiShm3
#FormaciónCOTSG 👉Os vindeiros cursos que podes facer son ✏Afrontamento de problemas de índole psicosocial en neonat… https://t.co/rKBs59n39V
#6febreiro #MutilacionGenitalFemenina No caso do Estado Español, hai 18.000 nenas expostas a mutilación xenital por… https://t.co/ZVDyRT4TjO
👉A compañeira Antía Sobrino, participou nesta reportaxe: «Para pedir unha axuda para unhas gafas, un aluguer ou a R… https://t.co/Ab7jKAamf7
Xaneiro na nosa axenda 😍 https://t.co/QIPF9oYN8a
A xunta de goberno do COTSG e a do @cgtrabajosocial compartimos espazo para as nosas xuntanzas respectivas: o centr… https://t.co/7kZNu8cCZh
O COTSG e o @cgtrabajosocial aproveitamos para facer as nosas respectivas xuntas de goberno esta mañá tras o acto d… https://t.co/cRdy0isQYP