SEMANA DO 23-03 AO 27-03
SAF:
- Tras recoller a problemática detectada no SAF que nos enviastes, o COTSG remitiu un escrito a Política Social con toda esta casuística que recollemos da colexiación e demándándolle cuestións concretas para as que o COTSG se pon a disposición
Podes descargar o escrito enviado a Política Social:
VOLUNTARIADO:
- Creación grupo de voluntariado: Desde o COTSG estamos a crear un grupo de voluntariado que desexe aportar e axudar nesta crise socio-sanitaria, ofrecendo a nosa solidaridade ás autoridades, a outras compañeiras/os de profesión e á cidadanía. Inscrición nesta ligazón.
VIOLENCIA DE XÉNERO:
- Tras ter coñecemento de que están pechados centros de protección ás mulleres que sofren violencia de xénero polos riscos de contaxio durante a crise do COVID-19, o COTSG enviou unha batería de medidas e recomendacións á Subdelegación de Goberno que podes ver nesta ligazón.
- Podes descargar a guía editada polo Ministerio de Igualdade para mulleres en situación de violencia de xénero durante a permanencia domiciliaria:
TELÉFONO SOCIAL:
- Logo de conversas coa Xunta de Galicia incorporaranse traballadoras e traballadores sociais ao teléfono de atención social habilitado pola Xunta -900 400 800-
ESCOLMA DE MEDIDAS NO EIDO LABORAL:
FORMACIÓN ADAPTADA:
- Inscrición no curso de encarceramento de mulleres nesta ligazón
- Inscrición para traballo social e migracións nesta ligazón
SEMANA DO 16-03 AO 20-03
O sábado, 14 o COTSG enviou ás consellerías e direccións xerais de Sanidade e Política Social un comunicado no que subliñabamos as eivas e deficiencias que se derivan das medidas tomadas na loita contra o COVID – 19.
Podes descargar aquí o comunicado:
Porén e dado que durante a mañá de luns puidemos percibir un recrudecemento da situación e unha hipotetico alongamento da corentena, enviamos unha batería máis ampla de medidas que podes descargar a continuación:
Proposta medidas Traballo social COVID 19-1
Do mesmo xeito, e dada a incertidume que causa esta situación habilitamos un correo para solventar incidencias laborais: incidencias@traballosocial.gal.
Nesta ligazón podes acceder á escolma de documentación precisa feita polo Consejo, entre os que se atopa o Plan de Emerxencias de Traballo Social Sanitario coparticipado polo COTSG e baixo a autoría da compañeira de colexiación Luz Campello.
Por outra banda, lembramos que durante as vindeiras dúas semanas, suspéndense temporalmente todas as actividades públicas (Día Mundial do Traballo Social, Xornadas, talleres, cursos, etc.).O COTSG non atenderá ao público de xeito presencial, sendo a única canle de comunicación o correo electrónico: info@traballosocial.gal
O COTSG permanecerá pechado polas tardes ata novo aviso.
APARICIÓNS EN MEDIOS
- Ana Rodríguez, vogal da Xunta de Goberno en RadioVoz
- Ana Rodríguez, vogal da Xunta de Goberno na Cadena Ser
- Nerea Fernández, coordinadora do COTSG en Radio Galega
- A vogal de Xunta de Goberno, Silvia Sanjurjo, participou nesta reportaxe de Nós Diario, clica no titular para acceder á peza completa:
O desalento paira entre as coidadoras sociais
- Outros medios recolleron o noso comunicado (podes lelo clicando nos nomes):