Novas

O COTSG anima a celebrar o día do Orgullo LGTBI

O COTSG anima a celebrar o día do Orgullo LGTBI

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) fai un chamamento á cidadanía para que celebre o Día Internacional do Orgullo LGTBI o vindeiro 28 de xuño e a participar en todas as manifestacións e concentracións que se convoquen para reivindicar a igualdade na diversidade e o respecto á diferenza.
Desde o COTSG cremos na necesidade de reclamar avances lexislativos nesta materia:
– Retomar o proxecto da lei galega de identidade de xénero (tombado polo PP en 2017) mediante xuntanzas coas organización LGTBI que consideran insuficiente a actual lei.
– A inclusión da diversidade sexual e de xénero nos currículos educativos e nfotowebos plans universitarios. A implantación de medidas preventivas fronte ao acoso escolar por orientación sexual e de xénero, moitas veces frecuente nos centros educativos.
– Creación dun plan de inclusión social que loite contra o estigma e a discriminación das persoas trans en risco de exclusión social ou excluídas e tamén das persoas migrantes.
Desde o colectivo do Traballo Social traballaremos para reivindicar os dereitos das persoas con diferente orientación e/ou identidade sexual e pola sensibilización e igualdade real na sociedade galega.

 

👉Fíxonos moitísima ilusión a visita de @MFerrazDobarro que, no seu tempo libre, veu compartir con nós a súa experie… https://t.co/YstLcSdTCV
Descende o gasto en ocio, alimentación ou vestiario. O desmantelamento dos servizos provoca que as persoas teñan qu… https://t.co/g6pH2WKCNJ
Sabes o que é a #cargamental? #feminismo #feminismoparavivir https://t.co/bsJ7t0Hgc2
👉🔴Presentamos reclamacion no Centro de Orientación Familiar da Área de Pontevedra para a cobertura da praza de trab… https://t.co/wFhxpnk3Te