Novas

O COLEXIO OFICIAL DE TRABALLO SOCIAL E A XUNTA POÑEN EN MARCHA UNHA GARDA SOCIAL PERMANENTE PARA MULLERES E MENORES VÍTIMAS DE VIOLENCIA MACHISTA

O COLEXIO OFICIAL DE TRABALLO SOCIAL E A XUNTA POÑEN EN MARCHA UNHA GARDA SOCIAL PERMANENTE PARA MULLERES E MENORES VÍTIMAS DE VIOLENCIA MACHISTA

  • Dita quenda estará activa 24 horas/365 días ao ano e será de balde
  • O protocolo pode activarse desde diferentes escenarios: sede policial, xudicial, domicilio…

Redacción 30-05-19.-A presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG), Míriam Rodríguez e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, veñen de asinar un convenio para por en marcha a Quenda de garda social permanente para mulleres vítimas de violencia, os seus fillos e fillas menores e as persoas dependentes que teñan a cargo. Dita quenda pioneira ten como obxectivo unha intervención especializada e inmediata desde o traballo social para as vítimas de violencia machista. O protocolo poderá ser activado na situación de urxencia nos diferentes escenarios (sede policial, xudicial, domicilio etc.), as 24 horas do día, os 365 días do ano en todos os partidos xudiciais de Galicia. Desde a Xunta de Goberno do COTSG consideran “fundamental” que unha muller “que vén de sufrir unha violencia continuada e se atopa nunha situación urxente poida contar cun ou cunha traballadora social que proporcione o acompañamento adecuado e aporte seguridade e apoio nese intre de crise”.

Pola súa banda, Rueda sostivo que “en cumprimento do pacto de Estado contra a violencia de xénero estamos creando un equipo multidisciplinar que cubra desde a prevención ata a atención”.

O convenio recolle que esta quenda de garda é un servizo público de balde para as mulleres e menores a quen vai dirixido. O perfil de usuario é calquera muller, menores ao cargo e persoas dependentes ao seu cargoque sufran violencia de xénero, que se atope nunha situación de urxencia derivada da situación de violencia de xénero dentro do contexto dunha actuación policial ou xudicial e que solicite a atención voluntariamente tras ser informada de este recurso.  Desde a Xunta de Goberno do COTSG califican de “acerto” que a Xunta “conte co perfil do ou da profesional do Traballo Social para este servizo”. Porén subliñan a importancia de “incrementar a presenza deste perfil nos servizos de atención á muller e vítimas de especial vulnerabilidade”.

Procedemento

O procedemento de activación comezará cunha chamada das Forzas e Corpos de Seguridade ou Xulgados con competencias en violencia de xénero ao Teléfono de Información ás Mulleres, 900 400 273, operativo as 24 horas dos 365 días ao ano, que á súa vez se porá en contacto coa persoa da quenda de garda correspondente para garantir a presenza inmediata do ou da traballadora social no lugar sinalado polas Forzas e Corpos de Seguridade ou xulgados. A ou o traballador social que atenda á persoa será sempre unha ou un colexiado con coñecementos específicos nesta área.

Formación especializada

O COTSG puxo en marcha durante os meses de maio e xuño unha formación específica nas catro provincias galegas á que asisten as persoas colexiadas que manifestaron querer formar parte da quenda.

Os obxectivos desta formación son: dotar ás e aos profesionais do Traballo Social de coñecementos e habilidades específicas para a intervención con persoas vítimas de violencia de xénero; coñecer os procesos psicosociais inherentes á violencia de xénero; identificar as fases da violencia de xénero e o proceso de toma de conciencia, ruptura e superación; aplicar as técnicas de intervención de traballo social na abordaxe de situacións de violencia de xénero, así como coñecer os recursos implicados, a normativa vixente e os mecanismos de coordinación con outros axentes implicados.

Dita formación posibilita que as persoas colexiadas que fagan parte da quenda coñezan todos os recursos necesarios para atender ás mulleres vítimas de violencia machista.

convenio violencia 1 convenio violencia 3

 

 

👉Estreamos o primeiro documental galego que aborda a situación da vivenda 👉Grazas á colexiada Sagrario Fernández po… https://t.co/hnTiN5N0Fq
Hoxe presentamos o noso #programa arredor do #traballosocial á candidata pola #Coruña @LucaChao_ de @EnComun_Gal https://t.co/IK0u3kdhPS
.@EPGalicia recolle o noso rexeitamento aos bonos e tamén a nosa postura sobre o bono á dependencia e a tarxeta mo… https://t.co/A5oHBmitCX
👉 Rexeitamos o bono de 250€ da Xunta. Sería unha boa recompensaque se cumprisen as ratios de referencia na dotación… https://t.co/2k4IE7Kvel
El COTSG alerta sobre el “colapso total” de los servicios sociales. Rechazan que se les asigne la tramitación del I… https://t.co/cQabrl3hxJ
.@prazapublica recolle a nosa posición: 👉O COTSG explica que “o sistema galego de servizos sociais comunitarios es… https://t.co/st5xwxmC3z
Se non viches o #EncontroVirtual sobre #IngresoMinimoVital con @trabsocialytal @lampstrung e Jonathan Añón telo nes… https://t.co/aYvMcn09dM
👉As compañeiras de Xunta de Goberno, Ana Vilar e Miriam Rodríguez e a técnica Nerea Fernández, xuntáronse con Polít… https://t.co/fvTp7uJa9a
#Vivenda A compañeira de #colexiación, Sagrario Fernández escribiu esta interesante peza de opinión en Praza Públic… https://t.co/hm7MpWvgyF
Entrevistamos a @trabsocialytal “Nos servizos sociais a mirada da traballadora social debe ser experta en comprende… https://t.co/GWaE9CJ7l7