Novas

O CGTS solicita ao Goberno a creación do Ministerio de Benestar Social e Servizos Sociais

O CGTS solicita ao Goberno a creación do Ministerio de Benestar Social e Servizos Sociais

O Consejo General del Trabajo Social remitiu unha carta ao Presidente do Goberno para solicitar que se teña en consideración a creación dun Ministerio de Benestar Social e Servizos Sociais, xa que é o único piar do Estado de Benestar que carece de identidade ministerial.

Desde o CGTS consideran que ademais de ocuparse do Sistema Público de Servizos Sociais ten que asumir tamén a efectiva coordinación e implicación dos Sistemas do Estado do Benestar para a aplicación e consecución dos obxectivos e medidas dos Plans Estratéxicos Transversais para a Igualdade de Oportunidades dos diferentes grupos sociais en situación de discriminación, e en especial, do Plan Integral Xeneral para a Inclusión Social. Iso facilitaría enormemente, á súa vez, superar a exclusión e o paternalismo social que vén practicando institucionalmente, ao derivar cara Servizos Sociais todo tipo de marxinacións, xeradas pola falta de universalidade dos dereitos da cidadanía en cada un dos Sistemas e Servizos Públicos, o que conduce a reforzar, institucionalmente, a exclusión que sofren na sociedade os diferentes grupos sociais afectados polas diversas situacións de vulnerabilidade social.

Dita proposta vai recollida nunha compilación maior. Podes descargala:

CGTS PROPUESTAS POLÍTICAS DESDE EL TS 2019 10.04.19 web

Falamos con Daniel Bóveda de @Accem_ong sobre traballo social, migrantes e persoas refuxiadas! Interesante para ler! https://t.co/QkRnbKFQ3v
Fundamental é coidar a quen coida https://t.co/kEarSSWIww
#25deAbrilSempre https://t.co/ji1ZhtjupY
L. Andaluz: “Abordar a dignidade e a autonomía como concepto clave na atención a doentes ao final da vida, cun sufr… https://t.co/le1bDn2jLd
Nos centros educativos desenvólvense casuísticas nas que se fai precisa, sen dúbida a intervención da ou do traball… https://t.co/zI6LsiD8Pw
.@sermosgaliza recolleu o traballo do alumnado da EUTS cos mapas corporais https://t.co/uareJud9k2
Se queres coñecer o programa CoidarNos para persoas coidadoras de dependentes, gañador do premio Boas Prácticas do… https://t.co/7c6y1QbHpg
A compañeira de Xunta de Goberno, Antía Sobrino, falou con @prazapublica sobre o #DíaMundialdelTrabajoSocial que ce… https://t.co/874ZFTli6F