O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG), o 6 de outubro de 2017, publicou as bases da convocatoria de propostas de accións formativas do COTSG en modalidade de teleformación para o 2018.
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes o 7 de novembro de 2017 ás 24.00 horas e revisadas as solicitudes recibidas, o persoal técnico/Comisión de Formación do COTSG elaborou unha listaxe provisional que foi aprobada pola Xunta de Goberno do COTSG celebrada o pasado 14 de novembro de 2017. Transcorridos 5 días hábiles do periodo de reclamacións sen rexistrarse ningún requirimento, procédese a publicar a listaxe definitiva:
- Persoa colexiada nº 1693. Acción formativa: O Traballador/a Social como responsable de Voluntariado (30 h).
- Persoa colexiada nº 2853. Acción formativa: Intervención Social na Promoción da Saúde Mental (30 h).
- Persoa colexiada nº 1354. Acción formativa: Resolución de Conflitos Socioeducativos (30 h).
- Persoa colexiada nº 2549. Acción formativa: Saúde e Dependencia dende a perspectiva do Traballador/a Social (50 h).
- Persoa colexiada nº 1693. Acción formativa: O Traballo Social no Dano Cerebral Adquirido (50 h).
- Persoa colexiada nº 3286. Acción formativa: Análise dos riscos psicosociais. O estrés eo a síndrome do Burnout (50 h).
- Persoa colexiada nº 3181. Acción formativa: O Traballo Social nas Empresas. A RSC como oportunidade laboral para o T.Social (100 h).
- Persoa colexiada nº 2767. Acción formativa: Migracións, Traballo Social e Estranxeiría (100 h).
Santiago de Compostela, a 22 de novembro de 2017.
COTSG