Novas

Laura Bugalho: “Da xornada de Arte-llando imos saír máis empoderadas”

Laura Bugalho: “Da xornada de Arte-llando imos saír máis empoderadas”

A medio camiño entre o 8 de marzo e o Día Mundial Do Traballo Social, e derivado dos termos de loita e reivindicación asociadas aos dous días, o Grupo de Xénero e Traballo Social do COTSG, organiza a xornada Arte-llando Igualdades Participativas. Falamos cunha das poñentes que o 11 de marzo estará na Facultade de Filosofía de Mazarelos, Laura Bugalho:

Que importancia lle concedes a estas iniciativas?

Importancia total porque todas as profesionais, no caso deste colectivo, no que me sinto moi integrada, debemos achegarnos a sitios de debate, creo que é parte importante para futuras colaboracións e proxectos que poidamos facer.

Fai falta moita concenciación e pedagoxía?

Si, falta implementar novos modelos nos que os servizos sociais teñan máis que dicir e non estean tan nas mans das forzas de seguridade, porque as persoas, nun primeiro momento, o que buscan son actuacións de intervención social. Menos potestade para os corpos de seguridade e máis para os servizos sociais.

Desde o Colexio usamos o humor co caso do autobús transfóbico, que opinas desta cuestión?

A campaña, ao principio, fíxome saltar con moita virulencia contra Hazte Oír, pensando que era un ataque, sobre todo a pais e nais de nenas e nenos trans pero hoxe penso que é a mellor campaña de divulgación de que somos e existimos. Existimos as adultas pero sobre todo, neste caso, existen as nenas e nenos tamén, que é unha realidade e que veñen con moitísima forza para reivindicar os seus dereitos inalienables.

No caso da transexualidade, que pasos ineludibles debería abordar un estado para un benestar cada vez maior da súa cidadanía?

Tanto no terrorismo machista como no tema trans deberían ser capítulos concretos e eliminar, no caso do tema trans, dos libros de texto, que existe o binomio home-muller perfecta, neno-nena perfecta, que é un binomio que fai moito dano e mudar estruturas e mudar, por exemplo, se hai uniformes, tender a cousas cada vez máis unisex

Estamos vivindo un inicio de ano negro en canto a violencia de xénero…

O Estado está superado e están máis preocupados por cifras que por atallar todo isto con medidas desde o segundo cero. Implementar solucións desde que unha muller di que é vítima. Isto é un problema de Estado, non é algo privado, é público.

Por que a xente debería asistir a Arte-llando?

Porque é unha oportunidade de encontro, de permeabilizármonos nunha xornada ben linda e porque estou segura que imos saír moito máis empoderadas. Tamén deben vir para, entre todas, reivindicar máis medios.

Por onde vai ir a túa charla?

Pois vai ser sobre como as que loitamos desde as marxes, na suma das nosas loitas, conseguimos unha suma maior, falarei do transfeminismo, de que é e como somos quen de, na esfera máis cercana, provocar cambios que, a nivel global, poden causar unha revolución

laurabugalho

#Medios Enviamos unha carta a @LaRegion para precisar que a figura do #traballosocial non é a mesma que a de auxili… https://t.co/saoZSuPEh7
O COTSG pide á Xunta que poña a figura do #traballosocial como "clave" no rastrexo da #covid19 en #Galicia, un trab… https://t.co/mIP0aUE91k
Compañeiras da Xunta de Goberno estiveron na #homenaxe realizada polos Colexios Sanitarios ás vítimas da #covid19.… https://t.co/OZymJRtFDR
A nosa profesión está presente, co resto de profesionais da #sanidade no acto de recoñecemento da entrega das Medal… https://t.co/wl3xujQ5wH
.@prazapublica recolleu a estrea do #documental do COTSG que codirixiu a colexiada lucense Sagrario Fernández con X… https://t.co/rOq5cOnDYH
👉Estreamos o primeiro documental galego que aborda a situación da vivenda 👉Grazas á colexiada Sagrario Fernández po… https://t.co/hnTiN5N0Fq
Hoxe presentamos o noso #programa arredor do #traballosocial á candidata pola #Coruña @LucaChao_ de @EnComun_Gal https://t.co/IK0u3kdhPS
.@EPGalicia recolle o noso rexeitamento aos bonos e tamén a nosa postura sobre o bono á dependencia e a tarxeta mo… https://t.co/A5oHBmitCX