Prácticas formativas non retribuídas en entidades públicas ou privadas de países europeos no marco do Proxecto Galeuropa AUCE 2018

A Asociación Universitaria de Ciencias da Educación AUCE é beneficiaria por cuarto ano consecutivo do Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa da Xunta de Galicia que promove a realización de prácticas formativas non retribuídas en entidades públicas ou privadas de países europeos.

O Proxecto Galeuropa AUCE 2018 consiste na xestión de 12 mobilidades, 8 a Lisboa (Portugal) e 4 a Sicilia (Italia), durante un período de 3 meses (setembro-novembro), no que as persoas participantes realizarán prácticas formativas en entidades acordes ao seu perfil e intereses profesionais. Dada a natureza da asociación, priorizaremos a persoas con formación na área social e/ou educativa.

Para poder optar é preciso ser beneficiario/a do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e non ter participado en edicións anteriores do programa Galeuropa.

O proxecto inclúe soporte económico para o pago de tódolos gastos das persoas participantes (viaxe de ida e volta, aloxamento, manutención, transportes locais e seguros), así como acompañamento e apoio continuo por parte dos mentores, tanto en Galicia como no país de destino.

O período de presentación de candidaturas está aberto dende o 1 ata o 16 de Agosto do 2018.

Máis información: Galeuropa AUCE 2018

Cartaz galeuropa 2018
👉 Valoramos positivamente que o #Sergas veña de cubrir a praza tras a nosa reclamació e a da @galizaCIG 👉As consecu… https://t.co/NCNn2niVro
Tal e como recollemos na nosa #GuíaDeComunicación, a nacionalidade non aporta nada á noticia e só parece que busca… https://t.co/0B0WBbzlwf
👉Desde o COTSG trasladamos aos responsables a situación que viven as e os compañeiros dos EVOS e o deterioro dos de… https://t.co/iPUA4xJ6Bd
Demandámoslle ao #SERGAS que cubra a praza de #traballosocial no hospital público da Mariña que queda baleira en va… https://t.co/kQMYpV93TQ
Lorena Añón, profesora da EUTS para @el_pais: “Nos xuízos fálase das mulleres drogadas ou borrachas de xeito consta… https://t.co/q4PDcNjDgo
🙋‍♀👉Xa podedes descargar a revista galega de Traballo Social Fervenzas https://t.co/4LEYzQqhVJ 👓📖con relatos de mul… https://t.co/3FnAVXCioJ