Convocatoria 2018/2019 do Programa de Intercambio Internacional para Traballadoras/es Sociais do C.I. F



Está aberto o prazo para a convocatoria 2018/2019 do Programa de Intercambio Internacional para Traballadores Sociais do C.I. F. ( Council of International Fellowship).

Esta organización sen ánimo de lucro está xestionada por persoas voluntarias e foi fundada en 1960 co obxectivo de promover o intercambio profesional e cultural de profesionais dos servizos sociais, en especial de traballadores sociais nun período de tempo.

Este programa non é unha oferta de inserción laboral para traballadores/ as sociais en situación de desemprego; é unha proposta para o intercambio de experiencias profesionais e persoais en contextos socioculturais diferentes.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 7 de outubro de 2018. Achéganse os documentos coa información da convocatoria:

- Información da convocatoria

Solicitude

Documento de consentimento e compromiso

Documento de preguntas frecuentes

Correo electrónico de contacto: spaincif@gmail.com

Logo de varios anos de colaboración, o Consello e CIF Spain asinaron o pasado mes de xaneiro un convenio de colaboración, no que se enmarcan as actuacións do Programa de Intercambio Internacional de profesionais do Traballo Social. Nova relacionada

Cada ano o Consello colabora na difusión e información do programa entre as traballadoras sociais colexiadas e a partir deste ano apóialles nas actividades do Programa, que por primeiro ano recibiu a colegas internacionais a coñecer a profesión no noso país. Nova relacionada

👉O COTSG esixe á Dir Xeral da Función Pública a RECTIFICACIÓN INMEDIATA da nota publicada onte na web da Xunta onde… https://t.co/mzYTrmatdW
👉 Os atrasos na valoración para as persoas que o precisan en #dependencia e #discapacidade son inasumibles 👉… https://t.co/w1Nnk8Jfe8
#OBlogDoCOTSG O mes pasado foi o Día da Muller #Rural. Este mes comezamos unha volta de entrevistas con traballador… https://t.co/fE0pAajmrt