Ampliación do prazo da convocatoria de Listaxes de Traballo Social

Se estás interesado en enviar a túa documentación para este proceso selectivo podes facelo ata o 6 de xaneiro.

É importante que teñas en conta que son LISTAXES DE NOVA CREACIÓN polo que, aínda que estiveses apuntado/a anteriormente, debes repetir o proceso.

  • LISTAXE PERITAXE SOCIAL 2019


O artigo 341.1 da Lei 1/200 de Axuizamento Civil establece que no mes de xaneiro de cada ano os distintos colexios profesionais enviarán unha listaxe de persoas colexiadas dispostas a actuar como peritos/as.


O requisito imprescindible para formar parte da Listaxe de Peritos/as Sociais do COTSG é formación específica na elaboración de ditames periciais sociais de mínimo 20 horas de duración.

- Cando o curso de formación de ditame pericial social fose realizado no COTSG non será preciso achegar copia do diploma, só será preciso indicar na solicitude a data completa de expedición do mesmo.


- Cando o curso de formación de ditame pericial social non fose realizado no COTSG a solicitude deberá ir acompañada da copia compulsada do diploma do curso pertinente.


AVISO: as solicitudes que se acheguen sen asinar e/ou sen marcar a cláusula de Protección de Datos non serán valoradas.


A Lista de 2019 é de nova creación. As persoas que xa formen parte da Listaxe de Peritaxe do 2018 terán que enviar unha nova solicitude.


Envío de documentación:




  • por correo electrónico a info@traballosocial.gal (indicando no asunto Peritaxe)

  • por fax ao nº 981 941898

  • na sede do COTSG (Rúa Dublín 6 baixo, 15.707, Santiago de Compostela)


+  info:




 

  • CONVOCATORIA LISTAXES TRABALLO SOCIAL


O COTS de Galicia anuncia a convocatoria do proceso selectivo para a elaboración de Listaxes Específicas de Traballadores/as Sociais 2018/2019:

  • Listaxe de Docentes

  • Listaxe de Expertos/as

  • Listaxe Profesionais independentes

  • Listaxe de Tribunais


PROCESO SELECTIVO: concurso de méritos.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • por correo electrónico a info@traballosocial.gal (indicando no asunto o nome da listaxe, por exemplo Listaxe Docentes)

  • por fax ao nº 981 941898

  • na sede do COTSG (Rúa Dublín 6 baixo, 15.707, Santiago de Compostela)


DOCUMENTACIÓN: Solicitude debidamente cumprimentada (ver anexos).

  • Declaración xurada da veracidade dos méritos presentados (marcar na solicitude).

  • Cláusula de protección de datos asinada (marcar na solicitude).

  • CV (actualizado).

  • Copia da documentación acreditativa pertinente (vida laboral, contratos, certificados de funcións, diplomas,...).


PRAZO: do 01/12/2018 ata o 06/01/2019.

VIXENCIA DAS LISTAXES: desde a publicación ata o 31/12/2020.

A Lista de 2019-2020 é de nova creación. As persoas que xa formen parte das listaxes en anos anteriores terán que enviar unha nova solicitude.

 + info:

Nos centros educativos desenvólvense casuísticas nas que se fai precisa, sen dúbida a intervención da ou do traball… https://t.co/zI6LsiD8Pw
.@SermosGaliza recolleu o traballo do alumnado da EUTS cos mapas corporais https://t.co/uareJud9k2
Se queres coñecer o programa CoidarNos para persoas coidadoras de dependentes, gañador do premio Boas Prácticas do… https://t.co/7c6y1QbHpg
A compañeira de Xunta de Goberno, Antía Sobrino, falou con @prazapublica sobre o #DíaMundialdelTrabajoSocial que ce… https://t.co/874ZFTli6F
#8MFagoFolga A Xunta de Goberno e o persoal do COTSG secundamos a folga feminista e animámosvos a que participedes… https://t.co/b4uThOjrx2
#DíaInternacionalDaLinguaMaterna As linguas e o seu entrelazamento coa identidade, a comunicación, a integración so… https://t.co/TdEXfl0xuO