Novas

Inscríbete nas listaxes de profesionais do COTSG

Inscríbete nas listaxes de profesionais do COTSG

Inscríbete nas listaxes de profesionais do COTSG

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia ven de aprobar unhas novas bases reguladoras das súas listaxes profesionais.

O prazo de inscrición nas listaxes comprenderá do 6 ao 20 de novembro de cada ano. A partir deste ano, as listaxes serán permanentes e actualizaranse anualmente, se fose necesario, cada mes de decembro (sempre e cando existise algunha solicitude de alta ou baixa no prazo estipulado. De non ser o caso, permanecerán inalteradas).

Os tipos de listaxes son:

  • Docencia
  • Tribunais
  • Profesionais independentes
  • Expertos/as
  • Peritaxe
  • Mediación

Estas novas bases contemplan uns requisitos xerais para todas as listaxes e outros específicos, que deberán ser consultados nas mesmas (punto 3) segundo a listaxe de interese. A documentación xustificativa e o procedemento de altas e baixas (cos anexos correspondentes) tamén aparece contemplado nas bases (punto 6).

Ante esta nova publicación e nesta convocatoria, todas as persoas interesadas en formar parte dalgunha das listaxes deberá presentar a solicitude (aínda que xa formen parte na do ano anterior), xa que serán actualizadas e permanentes (coa aclaración arriba indicada) a partir de xaneiro de 2021.

DESCARGAS AS NOVAS BASES DAS LISTAXES:

Bases Listaxes Profesionais 2020

Para máis información ou dúbidas: info@traballosocial.gal ou no teléfono 981568100

CARTEL_LISTAXES

Continuamos cos #EncontrosVirtuais, desta volta falamos de Traballo Social e Políticas Públicas con @EmiVicenteTShttps://t.co/Rdtn1kILAK
Remitimos este comunicado a Función Pública, aos partidos políticos con representación parlamentar (@ppdegaliciahttps://t.co/LBW0sub3YU
Antes de que remate a fin de semana queremos volver sobre a #saúdemental e os #paliativos. Para iso falamos coa com… https://t.co/sNOHyeX36X
Hoxe é o #DíaMundialDaSaúdeMental e por iso entrevistamos á compañeira de #colexiación Gemma González, traballadora… https://t.co/p9aTiMnbjd
Grazas a @lavozdegalicia pola súa pronta rectificación na terminoloxía e, deste xeito, mudar "traballos sociais" po… https://t.co/XDuM1insbh
Enviamos unha carta a @lavozdegalicia porque non cremos que Yosi, de Los Suaves, teña formación para facer traballo… https://t.co/5HxBIWz3Fo