Novas

INFORMACIÓN PUBLICADA EN MATIASS EN RELACIÓN AO SAF EXTRAORDINARIO

INFORMACIÓN PUBLICADA EN MATIASS EN RELACIÓN AO SAF EXTRAORDINARIO

1. A Xunta de Galicia libera de forma inmediata 500.000 horas mensuais de SAF

A Xunta de Galicia libera de forma inmediata 500.000 horas mensuais para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar co obxecto de posibilitar a ATENCIÓN TEMPORAL URXENTE das persoas que o precisen durante o mantemento da situación actual de Emerxencia Sanitaria e de Estado de Alarma motivada polo COVID19.

Dadas as especiais circunstancias do momento actual, exímese do copagamento das persoas usuarias, e este importe será aboado por parte da Xunta de Galicia.

A asignación persoal das horas de servizo debe iniciarse o antes posible e aplicarase coa máxima flexibilidade independentemente da situación de tramitación do expediente, podendo proporcionar o servizo prioritariamente aos casos máis urxentes que se detecten a través do Programa de Asignación de Recursos, a persoas que estiveran recibindo un recurso de Centro de Día e que, debido a circunstancias de forza maior, non poder seguir sendo atendidas no centro, ou mesmo persoas con solicitude de dependencia rexistrada que aínda non foron valoradas.

Coa maior brevidade posible  proporcionaranse instrucións sobre como rexistrar a información en SIGAD de cara á tramitación do pagamento da parte do financiamento das horas de prestación do servizo por parte de Xunta de Galicia.

2. Información aclaratoria sobre o SAF Extraordinario

O SAF extraordinario concibiuse con moita flexibilidade: está pensado para axudas de coidados e mesmo para acompañamentos ao médico se fixera falta ou para facer compras, pódense utilizar as horas para persoas que precisan reforzo ou outras necesidades, pero en todo caso sempre  para persoas que se viran afectadas pola situación do estado de alarma e emerxencia sanitaria (afectadas, por exemplo, no sentido de que lle pecharon o centro de dia, ou que a coidadora habitual está enferma, ou que viven soas e non lle convén saír e hai que levarlle compra, etc…).
Polo momento (se non se prorrogan, porque ao respecto da duración do confinamento e da emerxencia sanitaria aínda hai moita incerteza) pódense utilizar as horas de SAF Extraordinario comunicadas aos concellos ata o 14 de maio, pois ten unha vixencia de 2 meses, que comezou o 14 de marzo.

Esta é unha nota aclaratoria ás preguntas formuladas desde os servizos sociais comunitarios municipais en relación ás horas de SAF extraordinario por COVID-19, e que esperamos sexa de axuda:

Estase habilitando en SIGAD un módulo específico no que rexistrar as atencións temporais urxentes. Neste módulo poderanse rexistrar aquelas atencións de axuda a domicilio destinadas á atención de casos urxentes que se poidan ter iniciado desde o 14/03/2020 e non cumpran os requisitos establecidos para ser aboados por medio do SAF-Dependencia ordinario.

As persoas ás que se lle pode asignar o SAF extraordinario temporal son todas aquelas que teñades detectado con esta necesidade e consideredes que así o precisan, como consecuencia da situación creada polo estado de alarma e pola emerxencia sanitaria. A asignación das horas será aquela que consideredes suficiente e rexistrarase no módulo específico de SIGAD que se poñerá en marcha o antes posible (está previsto que estea dispoñible sobre o 20 de abril), a través do cal se xerará unha nómina extraordinaria para o financiamento destas horas de atención temporal.

A Xunta financiará esas horas a 12€/hora. O dito financiamento pode xustificarse con horas de atención prestadas desde o 14 de marzo, é dicir que aqueles concellos que fixeron atencións de SAF derivadas da emerxencia sanitaria desde o 14 de marzo, poden xustificalas con cargo a estas horas e ao seu financiamento.

  • No caso das emerxencias de SAF, a xestión iría por ese novo SAF Extraordinario?

Calquera atención urxente temporal derivadas do Estado de Alarma, pode ir por SAF extraordinario.
As atencións permanentes deben ir por SAF ordinario, incluídas as emerxencias sociais non derivadas do Estado de Alarma.

  • Incluso no caso de ser emerxencias de residencia, poderiamos darlle o SAF provisionalmente mentres a situación non se normalice e poidamos darlle praza en residencia?

Se os servizos sociais detectan que se trata dun caso de atención urxente derivado da situación actual (paralización dos ingresos en residencia), pódeselle prestar SAF extraordinario (temporal).

  • Quen determina o número de horas a dar a persoas que non están valoradas?

Os concellos son as unidades que xestionan o servizo. Os servizos sociais comunitarios básicos determinarán o número de horas necesarias por persoa para garantir unha atención adecuada a través do servizo temporal a todo os casos urxentes detectados.

  • Só se dan en casos xustificados polos servizos sociais comunitarios, pero, nestes momentos, hai persoas que xa están recibindo SAF e están copagando, e estas novas persoas van ser beneficiarias do SAF Extraordinario sen copagar?

O SAF ordinario, como un servizo regular e estable xestionase do mesmo xeito habitual, con resolución PIA para a incorporación das persoas ao PAR de SAF e a posterior asignación do recurso, que leva aparellado o copagamento correspondente. A listaxe de PAR de SAF-dependencia segue o seu curso habitual.

Respecto do SAF extraordinario, estas horas proporcionaranse de forma directa polos servizos sociais comunitarios dos concellos, como un servizo temporal, con total independencia do estado de tramitación dos expedientes de dependencia, incluso no caso de que xa existise un expediente de dependencia iniciado, aínda que, loxicamente, en SIGAD implementaranse controis: para evitar duplicidades, etc.

  • No caso dunha persoa usuaria de Centro de Día que agora precisa horas de atención, pero estas superarían ás que lle corresponderían segundo o seu grao de dependencia?

Como atención temporal, o SAF extraordinario pódese asignar co número de horas adecuadas que determinen os servizos sociais comunitarios, sen restrición, con independencia do intervalo estipulado para o seu grao de dependencia recoñecido. É máis, a unha persoa que recibe un SAF ordinario, pode aumentárselle a atención máis alá do seu intervalo, de modo temporal, se as circunstancias actuais así o motivan, a través del SAF extraordinario.

O SAF extraordinario aplicarase coa máxima flexibilidade para a atención urxente das necesidades detectadas polos servizos sociais comunitarios derivadas da actual situación de Emerxencia Sanitaria e o Estado de Alarma.

  • É necesario realizar un proxecto de intervención de cada beneficiario? No caso de ter que facelo, como firmamos a documentación se non podemos realizar as visitas domiciliarias?

É necesario realizar un proxecto de intervención, pero este reducirase a: recoller o número de horas de servizo asignadas, a franxa/s horaria/s de prestación das ditas horas e as tarefas a realizar.

  • As horas en suspensión como se xestionan?

As horas que as persoas usuarias solicitaron suspender deben rexistrarse no SIGAD, para que queden reflectidas como o que son (“horas en suspensión”) que, polo tanto, hai que restablecelas en canto as volvan a solicitar, sempre que se cumpran requisitos.

  • A unha persoa que estivera recibindo SAF polo procedemento ordinario podería ampliáreslle o número de horas a cargo deste SAF extraordinario?

Si, se, como consecuencia da situación de alarma sanitaria, as precisara, xa que podía ter horas asignadas pero no momento actual, por diversas circunstancias (enfermidade da persoa coidadora ou outra circunstancia engadida polo confinamento), podería precisar máis horas, nese caso tería a posibilidade de ter mais horas con cargo ao SAF extraordinario e temporal.

  • Que incremento se destinaría?, sería o concello o que determinaría ese incremento, como xestionariamos nos iso no SIGAD?

Os servizos sociais comunitarios determinarán as horas que lle farían falta a cada persoa para cubrir esa necesidade urxente, motivada pola situación de emerxencia sanitaria. Os concellos teñen unhas horas para xestionar e para repartir entre os casos que lle xurdan (non teñen un número ilimitado de horas), e deben ser os servizos sociais comunitarios os que as administren adecuadamente.

Dentro duns dias no SIGAD estará operativo o módulo destinado ao rexistro e xestión das horas de SAF extraordinarias, que cruzará datos e establecerá a trazabilidade do expediente da persoa.

RESUMO

Tendo en conta que partimos de atencións motivadas pola situación de emerxencia sanitaria

  • A asignación de horas para este servizo temporal terán unha vixencia dende o pasado 14/03/2020, para poder financiar as atencións urxentes postas en marcha dende o momento do recoñecemento da situación de Emerxencia Sanitaria en Galicia e do Estado de Alarma no conxunto de España, e estenderase mentres se manteñan as circunstancias que o motivaron.
  • A asignación persoal das horas de servizo deberá iniciarse o antes posible e aplicarase coa MÁXIMA FLEXIBILIDADE, con independencia da existencia ou do estado de tramitación do seu expediente de valoración da situación de dependencia e asignación dun recurso do SAAD.
  • A prestación das horas por persoa non estará limitada e pode proporcionarse tanto para atencións iniciais como para incremento de intensidade respecto das horas de atención que a persoa puidera estar percibindo. Así mesmo, non se aplicará o límite máximo do 20% de actividades domésticas na atención prestada.
  • Deste xeito, entre outros, poden proporcionar o servizo prioritariamente aos casos máis urxentes que se detecten a través do Programa de Asignación de Recursos, independentemente da orde de prelación existente, a persoas que estiveran recibindo un recurso de Centro de Día e que, debido a circunstancias de forza maior, non poden seguir sendo atendidas no centro, ou mesmo persoas con solicitude de dependencia rexistrada que aínda non foron valoradas.
  • Dadas as especiais circunstancias do momento actual, exímese do copagamento ás persoas usuarias e este importe será aboado por parte da Xunta de Galicia: a Xunta de Galicia aboará a cantidade fixa de 12 euros/hora de prestación efectiva de servizo.
  • Coa maior brevidade posible se proporcionarán instrucións sobre como rexistrar a información en SIGAD de cara a tramitación do pagamento da parte do financiamento destas horas de prestación efectiva do servizo por parte de Xunta de Galicia a través da xeración dunha nómina extraordinaria de SAF.
  • Por outra banda, as atencións ordinarias de carácter estable e permanente deberanse asignar mediante o correspondente PAR, segundo o procedemento ordinario, con cargo ás horas dispoñibles respecto da súa asignación non temporal.

3. Xa está habilitado o menú “SAF Extraordinario” no SIGAD

Dende hoxe, dia 20 de abril de 2020, está dispoñible unha nova versión de SIGAD (01.67.02) coa que se habilita un novo menú denominado “SAF Extraordinario” a través do cal se poderá rexistrar a todas as persoas as que se lle adxudica o Servizo Temporal e Extraordinario de Axuda no Fogar para a atención TEMPORAL e URXENTE dos casos que o precisen durante o mantemento da situación actual de Emerxencia Sanitaria e de Estado de Alarma motivada polo COVID-19, con independencia da existencia ou do estado de tramitación do expediente de valoración da situación de dependencia e asignación dun recurso do  SAAD.

Neste módulo poderán rexistrarse aquelas atencións de axuda a domicilio destinadas á atención de casos urxentes que se poidan ter iniciado dende a 14/03/2020 sen necesidade de xestionar o expediente de dependencia ou aquelas persoas ás que se lles aumenta temporalmente a intensidade do servizo de axuda a domicilio para dar resposta a situacións de urxencia detectadas.

Dadas as especiais circunstancias do momento actual, exímese do copago ás persoas usuarias e este importe será aboado por parte da Xunta de Galicia. A través da información rexistrada neste módulo xerarase unha nómina extraordinaria para o financiamento das horas de atención temporais efectivamente prestadas a razón de 12 euros/hora.

Achégase manual resumido coa explicación do seu funcionamento. O manual detallado achégase co correo informativo da instalación da nova versión de SIGAD a todos os usuarios rexistrados.

4. Nota informativa sobre o SAF extraordinario

A Subdirección Xeral de Dependencia informa que o servizo de SAF Extraordinario posto en marcha pola Xunta de Galicia estenderase mais alá da situación de estado de alarma e emerxencia sanitaria, podendo realizar a súa execución ata esgotar o orzamento dispoñible, o cal se comunicará previamente a través deste medio e por medios electrónicos.

Posted in Novas
Imprescindible artigo da compañeira de Xunta de Goberno, Ana Rodríguez @cgtrabajosocial @trabsocialytal https://t.co/bJxZ6nOPlB
#CarvalhoCalero, o autor de Scórpio, foi estudoso incansable da nosa lingua e un gran pedagogo. Como moitas outras… https://t.co/4GFGTqSQNJ
"El COTSG señala la existencia de "mucho retraso" en la asignación de plazas residenciales de las emergencias que c… https://t.co/Qpqr2R77EW
Reclamamos que a Xunta envíe sen demora os protocolos para os servizos sociais e subliñamos moitas carencias no sis… https://t.co/2eD8t1tbJL