Asuntos Colexiais

INFORMACIÓN ELECCIÓNS

INFORMACIÓN ELECCIÓNS

INFORMACION ELECCIÓNS Á XUNTA DE GOBERNO DO COTSG. 21 DE DECEMBRO DE 2017

Convocatoria:

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, en reunión celebrada en Santiago de Compostela o pasado 3 de outubro de 2017, acordou Convocar Eleccións á Xunta de Goberno para o vindeiro día 21 de decembro de 2017.

Candidaturas Definitivas á Xunta de Goberno:

Rematado o Prazo de Presentación de Candidaturas recibíronse 2: Unha candidatura encabezada por Dna Miriam Rodríguez Sierra , colexiada nº 2907, e outra encabezada por Dna. Marta Capeáns Outeiro, colexiada nº 1020. Rematado o período de reclamacións sen que  se presentase ningunha , proclámanse como  CANDIDATURAS DEFINIVAS:

Candidatura 1:

Candidatura Miriam Rodríguez Sierra e Plan de Traballo. VER AQUÍ!

Candidatura 2:

Candidatura Marta Capeáns Outeiro e Plan de Traballo. VER AQUÍ!

Votación: Poderá ser de dúas modalidades:

Votación presencial: A colexiación poderá votar de xeito presencial na Sede do COTSG entre as 9 e as 20h do día 21 de decembro utilizando as papeletas oficiais que terá preparadas o Propio Colexio e que identificarán os cargos e as persoas designadas para cada cargo.

Previamente a depositar  o sobre coa papeleta escollida na URNA habilitada a tal efecto, a persoa colexiada deberá identificarse e comprobarase que está no rexistro de persoas con dereito a voto.

Voto por correo:  O voto por correo será da seguinte forma: Desde hoxe mesmo, poderanse  enviar  por correo postal a papeleta que  se habilite ( estará colgada na web para descargar, e neste mesmo documento) , e en sobre pechado á Secretaría do Colexio, e á atención da Presidencia da Mesa electoral (do modo que se indica máis abaixo).

IMPORTANTE!!

Ese sobre deberá ir dentro de outro, no que figurará unha fotocopia do DNI. Este segundo sobre, tamén estará pechado e nel constará perfectamente claramente o nome da persoa remitente. Non se esixirá unha tipoloxía de sobre específica.Os sobres deberán ser remitidos a:

Secretaria do Colexio Oficial de Traballo Social

A/a da Presidencia da Mesa Electoral.

COLEXIO OFICIAL DE TRABALLO SOCIAL DE GALICIA

Rúa Dublín, 6 Baixo, 15707 – Santiago de Compostela- A Coruña

Serán válidos os sobres recibidos ata o 21 de decembro (incluído) de 2017.

Os sobres recibidos levarán un número de rexistro, e estarán custodiados ata a data da elección.

(No caso de que algunha persoa queira recibir a papeleta en papel por non poder descargar ou imprimir, deberá pedila expresamente ao Colexio.)

Acceso a PAPELETAS:

Papeleta Candidatura Miriam Rodríguez SierraDESCARGAR

OLLO. Se alguén descargou esta papeleta entre o martes 5 ás 19h e o mércores 6 ás 11.30, contiña un erro. Pregamos revisedes a papeleta se puido ser o caso! 

Papeleta Candidatura Marta Capeáns OuteiroDESCARGAR

Voto telemático: Ao non contar coas médidas técnolóxicas que garantan a votación por outra vía, esta non se habilitará para este procedemento.

Escrutinio toma de Posesión

Terminada a votación, realizarase o escrutinio, que será público, e levantarase acta en que figuren os votos obtidos por cada candidatura.

O sistema de escrutinio será o seguinte:

Contabilizaranse os votos obtidos por cada candidatura.

Consideraránse nulas aquelas papeletas que conteñan riscaduras, frases ou expresións distintas aos nomes e cargos da candidatura.

En caso de empate, elexirase aos candidatos/as que leven máis tempo de de exercicio profesional no colexio.

A candidatura gañadora será proclamada e tomará posesión nos 20 días seguintes trala realización do proceso electoral.

Antes de que remate a fin de semana queremos volver sobre a #saúdemental e os #paliativos. Para iso falamos coa com… https://t.co/sNOHyeX36X
Hoxe é o #DíaMundialDaSaúdeMental e por iso entrevistamos á compañeira de #colexiación Gemma González, traballadora… https://t.co/p9aTiMnbjd
Grazas a @lavozdegalicia pola súa pronta rectificación na terminoloxía e, deste xeito, mudar "traballos sociais" po… https://t.co/XDuM1insbh
Enviamos unha carta a @lavozdegalicia porque non cremos que Yosi, de Los Suaves, teña formación para facer traballo… https://t.co/5HxBIWz3Fo
Desde o #traballosocial tamén axudamos a tecer recordos #tecendorecordos https://t.co/5B2nMXYYE2
Lamentamos que a Xunta obvie completamente a parte social na planificación da volta ás aulas. Non se fixo ningún es… https://t.co/bwaCFHZfrp