Xornadas COTSG

II Ed. Encontros Virtuais [Falando de Traballo Social e COVID19]

II Ed. Encontros Virtuais [Falando de Traballo Social e COVID19]

Os Encontros Virtuais [FALANDO DE TRABALLO SOCIAL e COVID-19] pretenden ser un espazo de diálogo entre os e as profesionais do Traballo Social de Galicia para compartir coñecementos, experiencias e boas prácticas, no que participan profesionais vinculados a diversos eidos de intervención que farán as súas aportacións e se promoverá o diálogo entre as persoas asistentes.encontrosvirtuaisII_

Organiza:  Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia-COTSG

Destinatarios/as:  T.Sociais colexiados/as, precolexiados/as no COTSG.

Prezo:  De balde.

Data límite de inscrición: ata 24 h. antes da data de celebración de cada un dos encontros, nesta ligazón.

Lugar: Aula virtual (Zoom)

Programa:

[6 outubro, 17h] Ingreso Mínimo Vital: Reflexións tras 3 meses da súa posta en marcha

  • Carlos Santos. Subdirector Xeral de Servizos Sociais e Xestión Económica. D.X. de Inclusión Social. Cª Política Social (Xunta de Galicia)
  • Belén Navarro. Experta en Intervención social e Servizos Sociais de Atención Primaria.
  • Cristina Díaz. Traballadora Social de SS.SS Comunitarios do Concello de A Coruña.
  • Modera: Ana Vilar. Vogal de Ética do COTSG e Vogal do Consejo General de Trabajo Social

[8 outubro, 18h] Feminización da pobreza e efectos da COVID19

  • Sonia Mariscal Maireles.Traballadora Social, especialista en violencia de xénero.
  • Laura Carrasco. Presidenta Asociación Moradas.
  • Modera: Silvia Sanjurjo. Vogal de Formación e Comunitarios -COTSG

[13 outubro, 17h] Consecuencias da COVID19 nas persoas migrantes [Adiado]

[15 outubro, 18h] Traballo Social no Sistema Educativo

  • María Ferraz. Traballadora Social na Consellería de Educación do Goberno de Canarias.
  • Representante da Comisión Educación CGTS. [Pdte. Confirmación]
  • Modera: Ana María Rodríguez. Vogal de Laboral e Comunicación-COTSG

[Nova data][4 de novembro, 17h] Traballo Social e enfoque gestáltico

  • Covadonga Rodríguez. Traballadora social en Saúde Mental.
  • Modera: Ana María Rodríguez. Vogal de Laboral e Comunicación-COTSG

[22 outubro, 17h] Traballo Social Sanitario fronte á COVID-19

  • Ana Isabel Guillén. Xefa do Servizo de Traballo Social da Área Sanitaria Santiago-Barbanza
  • Celsa Perdiz. Xefa de Servizo de Traballo Social. Area sanitaria de Ourense, Verín e Barco Valdeorras.
  • Beatriz Aránzazu Soto Caba. Traballadora social. Coordinadora do Servizo de Traballo Social da Área Pontevedra-Salnés.
  • Modera: Isabel Fernández  Lema. Vogal  do COTSG

[27 outubro, 17h] SAF: Presente e futuro

  • Pilar Araújo. Xefa de Servizo de Inspección de Servizos Comunitarios e Inclusión Social. Xunta de Galicia
  • Ana Aldrey. Traballadora Social Concello de Vedra.
  • Patricia Fernández. T. Social. Integrante da Comisión de SAF do COTSG
  • Sergio Troitiño. T. Social. Integrante da Comisión de SAF do COTSG
  • Modera:  Antía Sobrino. Vicepresidenta, vogalía laboral e comunitarios-COTSG

[29 outubro, 17h] Traballo social e participación no deseño de políticas sociais

  • Emiliana Vicente. Presidenta do CGTS.
  • Sara Torreiro. Técnica de Comunicación do COTSG.
  • Pepe Arias. Traballador social. Colaborador en diferentes medios de comunicación.
  • Modera:  Miriam Rodríguez. Presidenta do COTSG.

Información de interese: Infórmase que os encontros virtuais serán gravados como soporte documental dentro do marco dos procesos operativos da organización e poderán ser publicadas a través da web ou redes sociais.

+info: cartaz


Antes de que remate a fin de semana queremos volver sobre a #saúdemental e os #paliativos. Para iso falamos coa com… https://t.co/sNOHyeX36X
Hoxe é o #DíaMundialDaSaúdeMental e por iso entrevistamos á compañeira de #colexiación Gemma González, traballadora… https://t.co/p9aTiMnbjd
Grazas a @lavozdegalicia pola súa pronta rectificación na terminoloxía e, deste xeito, mudar "traballos sociais" po… https://t.co/XDuM1insbh
Enviamos unha carta a @lavozdegalicia porque non cremos que Yosi, de Los Suaves, teña formación para facer traballo… https://t.co/5HxBIWz3Fo
Desde o #traballosocial tamén axudamos a tecer recordos #tecendorecordos https://t.co/5B2nMXYYE2
Lamentamos que a Xunta obvie completamente a parte social na planificación da volta ás aulas. Non se fixo ningún es… https://t.co/bwaCFHZfrp