Asuntos Colexiais

Un Galisenior didáctico e divertido

Un Galisenior didáctico e divertido

O mércores e xoves celebrouse en Ourense a XI edición de Galisenior. Unha cita á que o COTSG non podía faltar. Desde o Colexio participamos nas xuntanzas do Comité Asesor e coordinamos dúas das conferencias das Xornadas Técnicas. Desde o COTSG agradecemos a todas as persoas da colexiación que nos axudaron, participaron e nos apoiaron para que as nosas actividades fosen un éxito.

O mércores a vogal de Formación co COTSG, Obdulia Pérez moderou a mesa “Calidade asistencial na atención socio-sanitaria”. Nela interviñeron:

Rocío Fernández Díaz. Directora do Centro Sociocomunitario de Bouzas. Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.
Patricia Álvarez Carballido. Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Manual de boas prácticas. FAGAL – Federación Alzheimer de Galicia.
Na xornada do xoves, Pérez moderou a mesa “O empobrecemento das persoas maiores. Os temas foron os seguintes:Análise económica e social das persoas maiores en Galicia. Xosé Cuns Traba. Director de EAPN Galicia – Rede Galega contra a Pobreza e a Exclusión Social.A atención ás persoas maiores en Cruz Roja. Mónica García Fidalgo. Cruz Roja Española en Ourense.Persoas maiores empobrecemento e demencias. Javier Hermida Porto. Coordinador da Federación Alzhéimer GaliciaDurante as xornadas, diversas persoas da colexiación visitaron o stand do COTSG para facer intercambio de impresións e compartir ideas e información.

 

👉‼A Academia e as e os profesionais únense para a defensa da profesión. Desde o COTSG pedimos aos centros universit… https://t.co/F5w1Aj9t1C
👉Hoxe xuntámonos con @GaledusoCeesg Xuntas reivindicamos a importancia dos equipos interdisciplinares no exercicio… https://t.co/hvZG50MfyN
Traballo Social contra as violencias machistas. O luns co alumnado da EUTS e hoxe co da facultade de Traballo Socia… https://t.co/IcHOpIbMmX
Achegámonos á Gala Serenidade de @SerGalicia https://t.co/RTexdmLwuu
👉A violencia machista é unha realidade estrutural e multidimensional. É un fenómeno global desde o punto de vista t… https://t.co/HutlEq7i6g
👉O luns, na Quintana, co alumnado da EUTS graffiteamos e facemos un flashmob contra a violencia de xénero 👉Estades… https://t.co/z2wdNOIpaT