Colaboración Investigación S. Burnout nos e nas Traballadores/as Sociais

Desde o Grupo de Investigación en Educación, Actividade Física e Saúde (GIES-10) da Universidade de Vigo estamos levando a cabo unha investigación sobre a Síndrome de Burnout e as condicións laborais dos profesionais do Traballo Social de Galicia e, por iso, solicitamos a túa colaboración.
Consideramos que, dende hai uns anos, aspectos vinculados coa carga laboral e outras condicións asociadas ao posto de traballo poden estar influíndo nos nosos niveis de esgotamento físico e mental. Por isto, agradecémosche que colabores con nós para poder facermos un estudo neste eido.
Só tés que acceder ao seguinte enlace web e, dende el, poderás cubrir o cuestionario na súa totalidade.

 

ACCESO A CUESTIONARIO:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdkPC0hWpT0kNnE-8WAfrZ8Sny7OFWHelBExe9JH2dGy7apuw/viewform?usp=sf_link

 
O cuestionario é sinxelo e curto; porén, é importante que contestes a todas as preguntas sinceramente. Asemade, informámoste de que a información que se recolle no cuestionario é totalmente confidencial e só ten fins científicos, polo que se garante o anonimato das respostas.
Agradecémosche moito de antemán a túa colaboración.
Grupo GIES-10 - Universidade de Vigo
👉O COTSG esixe á Dir Xeral da Función Pública a RECTIFICACIÓN INMEDIATA da nota publicada onte na web da Xunta onde… https://t.co/mzYTrmatdW
👉 Os atrasos na valoración para as persoas que o precisan en #dependencia e #discapacidade son inasumibles 👉… https://t.co/w1Nnk8Jfe8
#OBlogDoCOTSG O mes pasado foi o Día da Muller #Rural. Este mes comezamos unha volta de entrevistas con traballador… https://t.co/fE0pAajmrt