Sociedades profesionais
As sociedades profesionais están reguladas por Lei. Considérase sociedade profesional aquela que se constitúe para o exercicio en común da actividade profesional. Para formar parte delas haberá que acreditar unha titulación universitaria oficial e unha inscrición no correspondente Colexio.
O seu obxecto social é o exercicio en común dunha actividade profesional, con posibilidade de ser multidisciplinares, sempre que esas disciplinas non se declararan incompatibles por norma con rango de lei ou regulamento.
O contrato de sociedade profesional instrumentarase en escritura pública que, conterá, polo menos, as seguintes mencións:
- Identificación das persoas outorgantes, especificando se son ou non socias ou socios profesionais.
- Colexio profesional de referencia e nº de colexiación que se acreditará mediante certificación colexial; facendo constar os datos identificativos e a habilitación actual para o exercicio da profesión.
- Actividade ou actividades profesionais que constitúan o obxecto social.
- Identificación da persoa ou persoas encargadas da administración societaria expresando a súa condición ou non de socia/o profesional.
As sociedades profesionais deberán inscribirse no Rexistro Mercantil e igualmente no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio Profesional. Tanto a sociedade como as/os profesionais que a integran deberán adaptarse ao réxime deontolóxico e disciplinario propio da actividade de que se trate. O COTSG establecerá regulamentariamente o rexistro de Sociedades Profesionais dentro do seu propio ámbito de actuación.
REGULAMENTO REXISTRO DE SOCIEDADES PROFESIONAIS. Descargar pdf.
IMPRESO DE SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NO REXISTRO DE SOCIEDADES PROFESIONAIS. Descargar documento