Obxectivo: intervención especializada e inmediata desde o traballo social para as vítimas de violencia machista. O protocolo poderá ser activado na situación de urxencia nos diferentes escenarios (sede policial, xudicial, domicilio etc.), as 24 horas do día, os 365 días do ano en todos os partidos xudiciais de Galicia.
O convenio recolle que esta quenda de garda é un servizo público de balde para as mulleres e menores a quen vai dirixido.
O procedemento de activación comezará cunha chamada das Forzas e Corpos de Seguridade ou Xulgados con competencias en violencia de xénero ao Teléfono de Información ás Mulleres, 900 400 273, operativo as 24 horas dos 365 días ao ano, que á súa vez se porá en contacto coa persoa da quenda de garda correspondente para garantir a presenza inmediata do ou da traballadora social no lugar sinalado polas Forzas e Corpos de Seguridade ou xulgados.