Xornada sobre o Dano Cerebral analiza a reforma da capacidade xurídica e de obrar

A Xornada sobre o Dano Cerebral 2021 de FEGADACE vai estar dedicada a un tema de enorme relevancia e actualidade para o todo o colectivo da discapacidade: a reforma lexislativa que modifica a cuestión da capacidade xurídica e da capacidade de obrar.

Baixo o epígrafe ‘O impacto nas persoas e familias con dano cerebral adquirido da reforma lexislativa que modifica a capacidade de xurídica e de obrar das persoas con discapacidade’, a Federación reúne en Santiago de Compostela a especialistas que abordarán a modificación legal desde as perspectivas da notaría, da fiscalía, do dereito civil ou dos dereitos das persoas con discapacidade. Poderase oír tamén o caso en primeira persoa dunha familia da asociación Sarela.

Podes consultar o programa completo aquí. 

Date

Nov 13 2021
Expired!

Time

9:30 am - 5:00 pm

Localización

Santiago de Compostela
Salón de Graos da Facultade de Dereito da USC (Campus Sur - Santiago de Compostela)
Categorías

Organizador

Fegadace, Federación Galega de dani cerebral