Obradoiro online: Autodefensa legal dirixida a xóvenes trans

ARELAS, Asociación de familias  de menores trans organiza o Obradoiro: “Autodefensa Legal e Trámites administrativos” é un obradoiro práctico online, dirixido a mocidade trans de 14 a 20 anos, que tratará os seguintes temas:
⁻ Actos de discriminación e vulneración de dereitos. Como e onde denunciar.
⁻ Alfabetización en recursos e dereitos da cidadanía
⁻ Mecanismos extraxudiciais de acción existentes en materia de consumo de dereitos humanos e laborais.
⁻ Mecanismos de solución de conflitos (mediación).
⁻ Consellos ou orientacións sobre confección de escritos, entre eles as solicitudes de cambio de nome e sexo legal, prazos e respostas.
Se queres realizar este obradoiro online, solicita a túa praza no correo arelasasociacion@gmail.com . Tamén podes facernos chegar con anterioridade as túas consultas para que o asesor legal e docente do obradoiro Miguel Vieito Villar poida respondelas.

Date

Set 28 2021
Expired!

Time

7:00 pm - 7:00 pm

Next Occurrence