Formación: curso sobre ‘Atención no fogar de persoas con dano cerebral adquirido’.

FEGADACE estrea a súa Escola Dano Cerebral online cun curso sobre ‘Atención no fogar de persoas con dano cerebral adquirido’.

A actividade formativa ten unha duración de 18 horas e comeza o martes 2 de novembro. É gratuíta e ten prazas limitadas.

Trátase dunha actividade formativa ideada para capacitar a traballadoras e traballadores responsables da atención e coidado no fogar de persoas con dano cerebral -especialmente persoal dos Servizos de Axuda no Fogar dos concellos- nas necesidades específicas desta discapacidade. Veranse aspectos como a propia identificación do dano cerebral, e pautas e recomendacións sobre comunicación, alteracións cognitivas e condutuais, cambios posturais, alimentación, intimidade, hixiene ou tempo libre.

Accede a toda a información aquí 

Date

Nov 02 2021
Expired!

Time

Todo o día

Organizador

FEGADACE