Novas

Envía as túas aportacións ao Informe sobre liñas estratéxicas do Plan de Atención ás Persoas sen Fogar en Galicia 2019-2023

Envía as túas aportacións ao Informe sobre liñas estratéxicas do Plan de Atención ás Persoas sen Fogar en Galicia 2019-2023

A Consellería de Política Social convidou ao  Colexio Profesional de Traballo Social, xunto con outras entidades, para a consulta no proceso de elaboración do “Plan de Atención ás Persoas sen Fogar en Galicia 2019-2023”.

O seminario, de carácter técnico, tivo como obxectivos a presentación das liñas estratéxicas e obxectivos do Plan; reflexión sobre o contexto do Senfogarismo en Galicia; debate sobre as medidas clave do Plan e como levalas a cabo desde un punto de vista operativo e, finalmente, debater e expor ideas acerca dos diferentes aspectos da gobernanza.

As sesións de traballo foron en grupos co obxectivo de contrastar e validar as medidas claves do Plan, así como achegar recomendacións prácticas e operativas para a súa implantación. Alén diso, tamén se traballou os roles das/os diferentes axentes, como se poden reforzar a cooperación e a coordinación, ademais de reflexionar sobre os mecanismos de seguimento e de avaliación.

Para enviar as aportacións particulares a Consellería de Política social publicou o Informe de liñas estratéxicas durante 15 días para facer achegas e aportacións ó email  sxinclusion.dxis@xunta.gal.

Podes descargar o documento nesta ligazón.

PLANESTRATEXICO1 PLANESTRATEXICO2 PLANESTRATEXICO3

 

Posted in Novas
Falamos con Daniel Bóveda de @Accem_ong sobre traballo social, migrantes e persoas refuxiadas! Interesante para ler! https://t.co/QkRnbKFQ3v
Fundamental é coidar a quen coida https://t.co/kEarSSWIww
#25deAbrilSempre https://t.co/ji1ZhtjupY
L. Andaluz: “Abordar a dignidade e a autonomía como concepto clave na atención a doentes ao final da vida, cun sufr… https://t.co/le1bDn2jLd
Nos centros educativos desenvólvense casuísticas nas que se fai precisa, sen dúbida a intervención da ou do traball… https://t.co/zI6LsiD8Pw
.@sermosgaliza recolleu o traballo do alumnado da EUTS cos mapas corporais https://t.co/uareJud9k2
Se queres coñecer o programa CoidarNos para persoas coidadoras de dependentes, gañador do premio Boas Prácticas do… https://t.co/7c6y1QbHpg
A compañeira de Xunta de Goberno, Antía Sobrino, falou con @prazapublica sobre o #DíaMundialdelTrabajoSocial que ce… https://t.co/874ZFTli6F