Xornadas COTSG

Encontros Virtuais [Falando de Traballo Social e COVID19]

Encontros Virtuais [Falando de Traballo Social e COVID19]

Os Encontros Virtuais [FALANDO DE TRABALLO SOCIAL e COVID-19] pretenden ser un espazo de diálogo entre os e as profesionais do Traballo Social de Galicia para compartir coñecementos, experiencias e boas prácticas, no que participan profesionais vinculados a diversos eidos de intervención que farán as súas aportacións e se promoverá o diálogo entre as persoas asistentes.

Organiza:  Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia-COTSG

Destinatarios/as:  T.Sociais colexiados/as, precolexiados/as no COTSG.

Prezo:  De balde.

Data límite de inscrición: ata 24 h. antes da data de celebración de cada un dos encontros, nesta ligazón

Lugar: Aula virtual

Programa:

[27 maio, 19h] Ingreso Mínimo Vital

  • Belén Navarro. Traballadora Social, experta en Intervención social e Servizos Sociais de Atención primaria.
  • Ana María Rodríguez. Vogal de Laboral e Comunicación-COTSG
  • Jonathan Añón. Traballador Social. Concello de A Coruña.
  • Modera: Miriam Rodríguez. Presidenta do COTSG

[29 maio, 19h] SS.SS Comunitarios e fronte á COVID 19: Chove sobre mollado

  • Ana María Vilar. Xefa de Departamento da Concellería de SS.SS, Benestar e Igualdade   do Concello de A Coruña
  • Jesús Tato Rial. Traballador Social. Concello de Ames.
  • Modera: Silvia Sanjurjo. Vogal de Formación e Comunitarios -COTSG

[2 xuño, 19h] Autocoidado profesional ante situacións de emerxencia

  • Chus Olivares. Traballadora Social, experta en Xénero e Terapia Gestalt.
  • Modera: Ana María Rodríguez. Vogal de Laboral e Comunicación-COTSG

[3 xuño, 17h] Impacto da Covid 19 nas persoas  sen  fogar

  • Arturo Coego, Responsable técnico de proxectos Housing First en Asociación Provivienda e consultor en Reseteando.
  • Modera: Miriam Rodríguez. Presidenta do COTSG

[10 xuño, 17h] Adiccións e coronavirus. Intervención social  con persoas que sofren alcolismo e outras adiccións condutuais.

  • Marisa Pardal. T.Social UTACA-Unidade Tratamento Alcol e Condutas Aditivas (A Coruña)
  • Nuria Davila. T. Social ASVIDAL -Unidade de Alcoholismo e outras Adiccións Legais (Vigo)
  • Sonia Pico. T.Social. Unidade de Tratamento de Alcoholismo e outras Condutas Aditivas con e sen Substancias (Ferrol)
  • Modera: Mapi Lema. Vogal de Formación-COTS

[16 xuño, 17h] Traballo Social e Medioambiente

  • Marta Pernas. Traballadora Social. Asociación Sustinea.
  • Andrea Alfaya. Traballadora Social especializada en Cultura da Paz, Dereitos Humanos, Conflitos e Educación.
  • Modera: Francisco Aguiar.Coordinador Grao T. Social –UVIGO

[17 xuño, 19h] Modelos de Dependencia trala COVID19

  • Representante de SARAIVA
  • Modera:  Ana María Rodríguez. Vogal de Laboral e Comunicación-COTSG

Información de interese: Infórmase que os encontros virtuais serán gravados como soporte documental dentro do marco dos procesos operativos da organización e poderán ser publicadas a través da web ou redes sociais.

CARTEL_ENCONTROS

#Medios Enviamos unha carta a @LaRegion para precisar que a figura do #traballosocial non é a mesma que a de auxili… https://t.co/saoZSuPEh7
O COTSG pide á Xunta que poña a figura do #traballosocial como "clave" no rastrexo da #covid19 en #Galicia, un trab… https://t.co/mIP0aUE91k
Compañeiras da Xunta de Goberno estiveron na #homenaxe realizada polos Colexios Sanitarios ás vítimas da #covid19.… https://t.co/OZymJRtFDR
A nosa profesión está presente, co resto de profesionais da #sanidade no acto de recoñecemento da entrega das Medal… https://t.co/wl3xujQ5wH
.@prazapublica recolleu a estrea do #documental do COTSG que codirixiu a colexiada lucense Sagrario Fernández con X… https://t.co/rOq5cOnDYH
👉Estreamos o primeiro documental galego que aborda a situación da vivenda 👉Grazas á colexiada Sagrario Fernández po… https://t.co/hnTiN5N0Fq
Hoxe presentamos o noso #programa arredor do #traballosocial á candidata pola #Coruña @LucaChao_ de @EnComun_Gal https://t.co/IK0u3kdhPS
.@EPGalicia recolle o noso rexeitamento aos bonos e tamén a nosa postura sobre o bono á dependencia e a tarxeta mo… https://t.co/A5oHBmitCX