Eleccións 2026

 O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia informa da convocatoria de eleccións á Xunta de Goberno, con motivo da próxima finalización do período para o que foi elixida a actual Xunta.

Dacordo co establecido nos Estatutos vixentes, convócase proceso electoral para a renovación da totalidade dos cargos da Xunta de Goberno do Colexio.

A xornada de votación terá lugar o 7 de marzo de 2026, en horario ininterrompido de 10:00 a 17:00 horas, na sede do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.

Desde o Colexio anímase a todas as persoas colexiadas a participar activamente neste proceso democrático, ben exercendo o seu dereito ao voto ou presentando a súa candidatura, contribuíndo así ao fortalecemento da vida colexial e á representación e defensa da profesión do Traballo Social en Galicia.

  • PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

As candidaturas deberán presentarse completas e cumpran os requisitos establecidos nos Estatutos do Colexio. As candidaturas estarán integrada por tantas persoas como cargos haxa que elixir, debendo a persoa que encabece a candidatura comunicálo por escrito ao Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia. Ademais deberán presentar o plan de traballo e o curriculum con foto das persoas que o integran.

O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto desde o 19 de decembro de 2025 ata o 23 de xaneiro de 2026, ambos inclusive.

As candidaturas deberán presentarse por escrito, usando o modelo descargable que se proporciona a continuación (Modelo de Presentación Candidatura). Dita candidatura poderá entregarse presencialmente na sede do Colexio de Traballo Social de Galicia ou a través do correo electrónico info@traballosocial.gal  co asunto de CANDIDATURA ELECCIÓNS 2026.

  • CENSO ELECTORAL: PUBLICACIÓN, RECLAMACIÓNS E RESOLUCIÓN

Con data de 16 de xaneiro de 2026, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, habilitará a información na área privada das persoas colexiadas con dereito a voto, e colgará no taboleiro de anuncios da sede a listaxe definitiva, que seguindo os estatutos, no artigo 48 “Terán dereito a voto, segredo e directo, para a elección dos cargos da Xunta de Goberno todas as persoas colexiadas incorporadas ao respectivo colexio, polo menos, un mes antes da convocatoria das eleccións, que estean ao día nas obrigas colexiais, incluída a do pagamento das cotas, sempre que non se achen incursas en prohibición legal ou estatutaria.”

Cada persoa poderá consultar se ten dereito a voto no apartado de Censo electoral na súa área privada.

Na área privada aparecerá unha nova pestana xunto cos teus datos acedémicos, laborais, bancarios etc. que pon Censo/Estados e ahí aparecerá a túa situación podes ver nas seguintes imaxes como é o exemplo: Persoas incluídas e Persoas non incluídas 

As reclamacións deberán presentarse mediante un escrito formal, empregando o modelo descargable que proporcionamos a continuación MODELO RECLAMACIÓN

O prazo para presentar reclamacións será de 3 días dende o 16/01/2026-21/01/2026. A forma de presentación poderá presentarse presencialmente na sede do Colexio de Traballo Social de Galicia ou a través do correo electrónico info@traballosocial.gal  co asunto de RECLAMACIÓN CENSO ELECTORAL 2026.

O prazo para presentar a resolución será de 3 días hábiles ata o 26/01/2026. As resolucións serán notificadas individualmente ás persoas que presentaron as reclamacións e publicarase, no seu caso, a listaxe definitiva de votantes, incorporando as modificacións pertinentes derivadas das reclamacións estimadas.

O prazo para a publicación da Listaxe definitiva de persoas con dereito a voto publicarase o 26 de xaneiro de 2026

  • CANDIDATURAS: PUBLICACIÓN, RECLAMACIÓNS E RESOLUCIÓN

A publicación da listaxe provisional de candidaturas publicarase o 26 de xaneiro de 2026

O prazo para presentar reclamacións  será de 5 días hábiles dende o 26/01/2026 ata o 2/02/2026 As reclamacións deberán presentarse mediante un escrito formal, empregando o modelo descargable que proporcionamos a continuación MODELO RECLAMACIÓN

A forma de presentación poderá presentarse presencialmente na sede do Colexio de Traballo Social de Galicia ou a través do correo electrónico info@traballosocial.gal co asunto de RECLAMACIÓN CANDIDATURA 2026

Podes ver a candidatura presentada e os CV da candidatura presentada nos seguintes enlaces:

PROGRAMA ELECTORAL ROSI CAPELO

CV das integrantes da candidatura

O prazo para presentar a resolución será de 3 días hábiles ata o 5/02/2026. A publicación da listaxe definitiva de candidaturas será o 6/02/2026

  • PROCESO DE VOTACIÓN (DATA E LUGAR DA CELEBRACIÓN DAS ELECCIÓNS)

VOTO PRESENCIAL

As votacións presenciais celebraránse o 7 de marzo de 2026, en horario ininterrumpido de 10:00-17:00, na sede do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia

R/Dublín, 6,baixo CP:15707 – Santiago de Compostela (A Coruña)

Teléfono: 981 56 81 00

VOTO POR CORREO

O prazo para emitir o voto por correo comezará o día 6/02/2026 ata o día 6/03/2026

Todas as papeletas estarán dispoñibles na sede do COTSG e tamén para a súa descarga na páxina web (o documento da papeleta tamén actualizarase neste apartado máis adiante) 

Preparación do voto:

  • Introducir a papeleta dentro dun sobre pequeno (11,4cm x 16,2cm) (sobre de voto)
  • Preparar un sobre grande que conteña:
    • O sobre pequeno coa papeleta
    • Fotocopia do DNI

Soamente será válido o voto remitido por correo certificado.

O sobre será enviado á seguinte dirección Rúa Dublín, nº 6, baixo CP:15707, Santiago de Compostela (A Coruña), sede do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.

VALIDEZ DOS VOTOS

Serán nulos os seguintes votos:

    • Os emitidos en papeletas e sobres que conteñan expresións alleas ao estrito contido da votación.
    • Os que conteñan tachaduras, emendas ou calquera tipo de alteración.
    • Os emitidos en papeletas diferentes dos modelos facilitados.
    • Os emitidos en papeleta sen sobre.
    • Os emitidos en sobre que conteña máis dunha papeleta de distinta candidatura á Xunta de Goberno
    • No caso de que un sobre conteña máis dunha papeleta da mesma candidatura, computaráse como un só voto válido.
    • Será considerado voto en branco, pero válido, o sobre que non conteña papeleta.
  • CELEBRACIÓN DAS ELECCIÓNS E ESCRUTINIO DE VOTOS

As votacións presenciais celebraránse o 7 de marzo de 2026, en horario ininterrumpido de 10:00-17:00, na sede do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia

R/Dublín, 6,baixo CP:15707 – Santiago de Compostela (A Coruña)

Teléfono: 981 56 81 00

O escrutinio dos votos realizaráse unha vez finalizada a xornada de votación, na mesma sede do COTSG, e en presencia das persoas da Mesa Electora e as persoas interventoras designadas.

  • TOMA DE POSESIÓN DA NOVA XUNTA DE GOBERNO

A toma de posesión da nova Xunta de Goberno producirase no prazo máximo de vinte (20) días naturais contados a partir daque no que tivese lugar as eleccións.

A toma de posesión dos cargos colexiais electos deberá ser comunicada a todas as persoas colexiadas mediante a súa publicación no apartado disposto para as eleccións na páxina web do COTSG, ao Consejo General de Trabajo Social e á Consellería competente en materia de Colexios Profesionais de Galicia.

  • CÓMPUTO DOS PRAZOS

Todos os prazos que se sinalan entenderanse como días hábiles, excluíndose, en consecuencia, do cómputo que corresponda os sábados, domingos e declarados festivos, con excepción do día sinalado para a votación, que será considerado como o último do cómputo, no seu caso.

Os prazos establecidos son improrrogables, polo que se recomenda a todas as persoas colexiadas revisar con antelación o seu dereito a voto e a información das candidaturas

  • INFORMACIÓN ADICIONAL

CALENDARIO ELECCIÓNS 2026