Novas

DOCUMENTO ENVIADO Á SUBDELEGACIÓN DE GOBERNO EN RELACIÓN Á SITUACIÓN DAS VÍTIMAS DE VX DURANTE O COVID19 E GUÍA DO MINISTERIO

DOCUMENTO ENVIADO Á SUBDELEGACIÓN DE GOBERNO EN RELACIÓN Á SITUACIÓN DAS VÍTIMAS DE VX DURANTE O COVID19 E GUÍA DO MINISTERIO

DOCUMENTO ENVIADO Á SUBDELEGACIÓN DE GOBERNO EN RELACIÓN Á SITUACIÓN DAS VÍTIMAS DE VX DURANTE O COVID19 E GUÍA DO MINISTERIO

Colexio Oficial de Traballo social de Galicia ten coñecemento que polos riscos de contaxio están pechados centros de protección ás mulleres que sofren violencia de xénero durante a crise do COVID-19.

Entendemos que a medida alternativa de estancia nun hotel e/ou pensión aleatoria como aloxamento alternativo non supón garantía de protección ás mulleres e a súa unidade familiar, e que, ademáis, se atopan nunha situación de crise e carecen da atención psicosocial especializada que precisan.

Por tal motivo, o COTSG propón varias medidas:
•    Crear un Protocolo de emerxencia de risco en situación de vulnerabilidade entre a FEGAMP, Xunta de Galicia, Deputación, subdelegación do Goberno e os diferentes colexios Profesionais que xestionen a atención psicosocial.
•    Elaborar de urxencia un convenio de Colaboración con algunha das cadeas hoteleras que se atopen situadas nas 4 provincias grandes da Comunidade Autónoma de Galicia, e garanten prazas para o aloxamento alternativo de emerxencia, o benestar (hixiene, illamento, alimentación) e a protección das mulleres e as súas familias. Deste xeito, o Centro de Recuperación Integral tería coñecemento ordenado de onde se atopan ás mulleres en situación de perigo, polo que podería realizar un seguimento e unha coordinación moito máis acertada i eficaz.

Asemade, recordamos que para as situacións de emerxencia, están asinados os convenios das Quendas de Garda para aportar, nestes lugares, esa atención especializada de urxencia que precisan ás mulleres.

Para finalizar, instamos a que as mulleres que actualmente xa se atopan nunha situación de violencia de xénero con grave risco para a súa integridade física e psíquica e, que actualmente están ingresadas nun aloxamento alternativo (hotel/pensión), se lles realiza, de xeito extraordinario, unha proba urxente do COVID-19 e, no caso de dar negativo que se proceda de xeito inmediato nos centros específicos segundo as prazas dispoñibles.

O Colexio Oficial de Traballo social de Galicia ofrécese na axuda precisa. Para finalizar, achegamos unha serie de medidas que facemos chegar á Administración Autónomica.

 

PODES DESCARGAR A GUÍA  DO MINISTERIO DE ACTUACIÓN PARA MULLERES QUE ESTEAN SUFRINDO VX EN SITUACIÓN DE PERMANENCIA DOMICILIARIA DERIVADA DO ESTADO DE ALARMA POR COVID-19:

GuiaVictimasVGCovid19

Posted in Novas
Moitísimas grazas ás máis de 70 persoas #colexiadas e #precolexiadas conectadas a este Encontro Virtual sobre o… https://t.co/NEuWlBvDTQ
NOVIDADE FORMATIVA: Falamos con D. Mustieles que nos explica a importancia do #autocoidado na nosa profesión. Impar… https://t.co/HzrEof5OBz
Imprescindible artigo da compañeira de Xunta de Goberno, Ana Rodríguez @cgtrabajosocial @trabsocialytal https://t.co/bJxZ6nOPlB
#CarvalhoCalero, o autor de Scórpio, foi estudoso incansable da nosa lingua e un gran pedagogo. Como moitas outras… https://t.co/4GFGTqSQNJ
"El COTSG señala la existencia de "mucho retraso" en la asignación de plazas residenciales de las emergencias que c… https://t.co/Qpqr2R77EW
Reclamamos que a Xunta envíe sen demora os protocolos para os servizos sociais e subliñamos moitas carencias no sis… https://t.co/2eD8t1tbJL