Novas

Descarga a Guía de Traballo Social Clínico editada polo Colexio de Traballo Social de Tenerife

Descarga a Guía de Traballo Social Clínico editada polo Colexio de Traballo Social de Tenerife

O obxectivo final desta guía é que os traballadores e traballadoras sociais, tanto de España como de Latinoamérica, comecen a coñecer a especialidade do Traballo Social Clínico ( TSC) e teñan unha ferramenta que lles permita profundar en contidos. En Iberoamérica enfrontámonos a un descoñecemento desta especialidade dentro da mesma profesión, e en moitas ocasións, a prexuízos e crenzas erróneas. Esta guía vai facilitar o acceso a unha gran cantidade de información actualizada sobre esta especialidade. Este documento é un traballo pioneiro en España e Latinoamérica: non existen antecedentes doutra publicación similar. É un documento rigoroso, práctico, conciso e elegante, que contou coa revisión científica de figuras de alto prestixio en Traballo Social Clínico español como son Amaya Ituarte, Josefa Fombuena e Juan Manuel Herrera.

 

Posted in Novas
👉Fíxonos moitísima ilusión a visita de @MFerrazDobarro que, no seu tempo libre, veu compartir con nós a súa experie… https://t.co/YstLcSdTCV
Descende o gasto en ocio, alimentación ou vestiario. O desmantelamento dos servizos provoca que as persoas teñan qu… https://t.co/g6pH2WKCNJ
Sabes o que é a #cargamental? #feminismo #feminismoparavivir https://t.co/bsJ7t0Hgc2
👉🔴Presentamos reclamacion no Centro de Orientación Familiar da Área de Pontevedra para a cobertura da praza de trab… https://t.co/wFhxpnk3Te