O COTSG xúntase con Arela para difundir o programa Convive.comigo

O programa Convive.COMigo comeza como un proxecto piloto que se desenvolve durante o ano 2017 na provincia da Coruña, sendo ampliado no 2018 á provincia de Pontevedra e manténdose actualmente activo en  ambas provincias.


arelas


O contexto do que se parte é o ámbito xudicial, xa que xorde da necesidade de dotar de recursos (neste caso familias, persoas) ao Xulgado para que este poida recoller nas súas sentenzas a medida de convivencia en grupo educativo: unha medida que obriga a un/unha adolescente a vivir noutro contexto familiar diferente ao de orixe, tratando de reconducir a situación que o/a levou a un Xulgado de Menores, facilitándolle un entorno de socialización positiva co fin último de evitar unha reincidencia futura. Flyer


A duración aproximada dunha medida de convivencia oscila entre 6 meses e un ano, tempo durante o cal o/a adolescente debe convivir con esta nova familia (ou persoa) de tal xeito que se lle ofreza un entorno no que aprender/modificar aquelas condutas que foron motivo de denuncia. No momento de comezo de cumprimento da medida xudicial, asínase un contrato e dende a Xunta finánciase esta convivencia.


As funcións que corresponden a este programa consisten en captar, formar e avaliar ás persoas que se interesen en participar, ademais de realizar un acompañamento durante o cumplimento da medida xudicial.


Durante o proceso de avaliación e formación, realizaranse múltiples entrevistas, mínimo unha visita domiciliaria e varias sesións formativas tanto de índole grupal como individual.


En resumo:



Que se busca?


Familias e persoas cunha alta sensibilidade cara á adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un/unha adolescente con dificultades a quen o xulgado lle impuxo en sentenza unha medida de convivencia cunha persoa ou familia.


Un ambiente socializador e positivo que lles permita aos/as adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes.



Que requisitos?


Son precisos uns requisitos mínimos como ser maior de idade, dispoñer dunha vivenda adecuada, estabilidade emocional, comprometerse traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade, non buscar a satisfacción dun desexo de parentalidade,…


Valórase positivamente a formación relacionada con ciencias sociais, a experiencia previa en programas de acollemento familiar, ter unha predisposición a ser formadas en diferentes temáticas como adolescencia, formación de carácter xurídico,…



Que ofrecen?


- Formación grupal e individual, e asesoramento.


- Acompañamento de profesionais.


- Financiamento durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou a persoa.


Podes atopar máis información na web:


http://www.arela.org/Noticias/programa-convive.html


A ONU, hai 71 anos, asinou a Declaración dos #DereitosHumanos 🌍🌍Día tras día vemos como se vulneran estes dereitos… https://t.co/IepjYtdTYX
👉‼A Academia e as e os profesionais únense para a defensa da profesión. Desde o COTSG pedimos aos centros universit… https://t.co/F5w1Aj9t1C
👉Hoxe xuntámonos con @GaledusoCeesg Xuntas reivindicamos a importancia dos equipos interdisciplinares no exercicio… https://t.co/hvZG50MfyN
Traballo Social contra as violencias machistas. O luns co alumnado da EUTS e hoxe co da facultade de Traballo Socia… https://t.co/IcHOpIbMmX
Achegámonos á Gala Serenidade de @SerGalicia https://t.co/RTexdmLwuu
👉A violencia machista é unha realidade estrutural e multidimensional. É un fenómeno global desde o punto de vista t… https://t.co/HutlEq7i6g
👉O luns, na Quintana, co alumnado da EUTS graffiteamos e facemos un flashmob contra a violencia de xénero 👉Estades… https://t.co/z2wdNOIpaT