Novas

O Consello Xeral de Traballo Social presenta na asemblea celebrada en Valencia a súa memoria de traballo

O Consello Xeral de Traballo Social presenta na asemblea celebrada en Valencia a súa memoria de traballo

  • O Colexio de Galiza solicita que se lidere desde o Consello unha estratexia a nivel nacional en coordinación coa Asociación de traballo social y e saúde – que acaba de crear delegación propia en Galicia- e as estructuras colexiais para o recoñecemento Sanitario da profesión e a especialización en Saúde
  • Ademais, solicitamos apoio e xuntar esforzos co resto dos Colexios Profesionais para fortalecer o noso papel profesional e a calidade das intervencións no ámbito do público nos colectivos de especial vulnerabilidade
  • Aplaudimos a iniciativa de forma de traballo do grupo para a elaboración do novo documento “Modelo de Servizos Sociais desde o Traballo Social”, onde participaron as vogais do noso colexio Estela Rosende e Ana Vilar.

   ASEMBLEA DO CONSELLO XERAL 21 DE ABRIL-VALENCIA

O día 21 de abril celebrouse en Valencia a Asamblea Xeral do Consello Xeral de Traballo Social, neste participou a nosa presidenta Miriam Rodríguez e as vogais, Mapi Lema e Silvia Sanjurjo, co seguinte orde do día foi o seguinte:

1.- Lectura y aprobación, si procede, del Acta de la sesión ordinaria anterior.

2.- Presentación y aprobación, si procede, de la memoria de trabajo 2017.

3.- Presentación y aprobación, si procede, de la memoria económica 2017.

4.- Modelo de Servicios Sociales.

5.- II Encuentro Colegium.

7.- Ruegos y preguntas.

A presidenta do Consello, Ana Lima fai unha exposición coa actividade de traballo no ano 2017. Enfatiza o compromiso firme no cumprimento da Axenda Global de Traballo Social, coa publicación do libro Trabajo Social: Construyendo Comunidades Sostenibles e con outros contidos nas ponencias do marco do XII Congreso Estatal e Iberoamericano celebrado en Mérida en outubro 2017, sen dúbida un gran reto para a profesión por ser a primeira vez que se celebra con carácter internacional, así como o éxito das valoracións dos congresistas e pola gran afluencia.

Destaca a elaboración de estudos, investigacións, informes e manifestos que provoca que se vaia incrementando o noso impacto respecto ao compromiso político social, alcanzando colaboracións estables como asesores da política social con algúns grupos parlamentarios, redes e plataformas.

Ademais, cando se cumpren 5 anos no noso código deontolóxico, creouse unha comisión deontolóxica que inicia a súa andaina participando na actualización da declaración dos principios éticos da Fits Gobal, e coa promoción dunha investigación sobre a ética e a deontoloxía profesional que foi presentada no Congreso Estatal.

En canto ao eixe de estrutura colexial foron fomentados acordos para a súa consecución que favorezan a colexiación en canto a becas e descontos, e púxose énfasis na formación interna dos colexios, da que resultara a cración dun espazo Colegium, para avanzar de maneira interna a administración, xestión e competencias da estructura.

En canto a ámbitos de intervención, continuouse a traballar na construción dun espazo estatal de emerxencias e con compromisos con ámbitos de intervención de saúde, xustiza, educación, violencia de xénero, protección á infancia, mediación, penitenciarías, innovación etc. Neste punto solicítase desde o Colexio de Galicia, e no marco do espazo Colegium, que se lidere dende o Consello unha estratexia a nivel nacional en coordinación coa Asociación de traballo social y salud- que acaba de crear delegación propia en Galicia-, e as estruturas colexiais para o recoñecemento Sanitario da profesión e a especialización en Saúde, ademais, tendo en conta a decadencia da calidade dos servizos especializados en Galicia, solicitamos xuntar esforzos para fortalecer o noso papel profesional e a calidade das intervencións no ámbito do público nos colectivos de especial vulnerabilidade.

Destacar o gran esforzo pola realización dun documento denominado“Modelo de Servizos Sociais desde o Traballo Social”, coa participación de representantes de todos os colexios, que traballaron durante toda a fin de semana do 7 e 8 de abril en Navacerrada, e que terá os seus froitos no 2018, neste apartado destacar as boas críticas polos representantes dos colexios ós membros do Consello, e apoio a esta forma de traballo.

Oura destacable publicación é a da investigación que se realiza xunto coa Asociación Española contra o Cancro, sobre a abordaxe das necesidades sociais en persoas con cancro ao final da vida e os seus familiares, isto publícase na Revista anual, na cal se abordan temas de actual interese para a profesión como o Traballo Social ante o neoliberalismo.

Recoñecen tamén dende o Consello o avance nas ferramentas dixitais destinadas a organización e a mellora da páxina web.

A nova xuntanza, será a mediados do mes de Xunio- espazo COLEGIUM- para discutir de temas prioritarios e comuns e estratexias conxuntas entre as estructuras colexiais.

Posted in Novas
Desde o COTSG mostramos a nosa repulsa ❌❌ antre o triple asasinado machista perpetrado en #Valga. 👉Aolidarizámonos… https://t.co/8bqruCCZYL
#FormacionCOTSG En colaboración coa @Xunta (Consellería de Sanidade) nace este curso indispensable para as traballa… https://t.co/4oS8lwrVgj
Para conseguir unha reducción sostida do número de #suicidios, incluso en épocas de adversidade socioeconómica, os… https://t.co/dv6eUaj6zZ
👉Galicia é a 2° comunidade, logo de Asturias, con maior taxa de suicidios 👉Segundo os últimos datos estadísticos, p… https://t.co/WM0DgcbwQh
‼Estase a esgotar o prazo 🕐 para que te matricules: 👉Introdución á Ética da Intervención Social 👉Intervención soci… https://t.co/Uy5r97Gp4c
👉Fíxonos moitísima ilusión a visita de @MFerrazDobarro que, no seu tempo libre, veu compartir con nós a súa experie… https://t.co/YstLcSdTCV