Condicións xerais

Información

Formalización da inscrición

É necesario completar o proceso de inscrición a través do formulario web de cada curso.
Será preciso aportar documentación adicional, nos seguintes casos:

$

Se eres colexiado/a de outro Colexio Profesional de Traballo Social é preciso que envíes o correspondente certificado de colexiación actualizado.

$
Se te atopas en situación de desemprego (colexiados/as de Galicia ou outro Colexio Profesional de Traballo Social), será necesario enviar o correspondente informe de vida laboral actualizado.

No caso de que non fose posible remitilos a través do formulario de inscrición, enviaranse a formacion@traballosocial.gal

Prezos

O prezo de cada curso atópase detallado no dossier de cada acción formativa. Con carácter xeral, establécense as seguintes categorías en función da situación laboral do alumnado, se ben, pode haber accións formativas con outras particularidades en función das persoas destinatarias:
$
Colexiados/as ou precolexiados/as en activo.
$
Colexiados/as ou precolexiados/as en desemprego.
$
Non colexiados/as ou otros/as profesionais.

Devolucións

A renuncia ás prazas adxudicadas dará dereito á devolución da matrícula abonada, sempre que a comunicación se produza antes da finalización do prazo de inscrición do curso que se trata (en termos xerais antes dos cinco días naturais anteriores ao comezo da acción formativa), ou por causa de forza maior xustificada documentalmente.

Ponte en contacto

Enviando un correo

formacion@traballosocial.gal

Chamando

981 568 100