Novas

COMUNICADO COMPLETO EN RELACIÓN AO IMV

COMUNICADO COMPLETO EN RELACIÓN AO IMV

Desde o Colexio de Traballo Social de Galicia, rexeitamos que os servizos sociais comunitarios, asuman calquera proceso de xestión vencellado á tramitación de solicitudes do Ingreso Mínimo Vital (IMV).

Defendemos que esa prestación debe estar fóra do sistema de servizos sociais, e así foi recoñecido como competencia do sistema de Seguridade Social. Trátase dunha prestación de carácter estatal, como poden ser as prestacións de desemprego ou as pensións contributivas de xubilación, e como tal deben ser tratadas. É unha administración con ampla representación en todo o territorio nacional, co cal xa conta con oficinas e espazos espallados por toda Galicia.

Calquera acción relacionada co proceso de solicitude da prestación, como pode ser a información, orientación, axuda na cumplimentación etc., provocaría un colapso do sistema de servizos sociais, que actualmente xa está moi por enriba das súas capacidades. As funcións do sistema de servizos sociais, deben estar vencelladas á atención directa que precisan as persoas en situación de risco ou con vulnerabilidade social, e non á execución de tarefas meramente administrativas, como ven sendo habitual que se nos considere.

Aos departamentos de servizos sociais chegan cada día persoas directa ou indirectamente dirixidas por outros servizos públicos e privados, para que se lles cubran formularios, fagan fotocopias, presenten instancias on line, etc. Como se dunha “xestoría pública” se tratase. Esta labor, que vimos desenvolvendo por carencias de outros sistemas, ante a incertidume e preocupación que nos xera ver que unha parte da cidadanía atopa importantes barreiras administrativas no exercicio diario dos seus dereitos, se leva a cabo en detrimento das nosas verdadeiras funcións. Este feito foi especialmente relevante durante o Estado de Alarma, onde a nosa profesión puido comprobar que moitas persoas que non tiñan un nivel de alfabetización dixital alto tiñan moitas dificultades á hora de presentar ás súas solicitudes ante as administracións.

Este colexio profesional denuncia igualmente, a desaparición dos Servizos Sociais no reparto do fondo social e, polo tanto, deixar parte do proceso en mans de servizos sociais, supón unha sobrecarga inasumible e innecesaria, ao estar situada a competencia na Seguridade Social. Igualmente nos preocupa que os concellos vaian a contribuír economicamente con máis de 70 millóns de euros anuais na xestión do IMV, cando a competencia recae no sistema da Seguridade Social.

É preciso dotar ás Administracións Locais de máis fondos, persoal e recursos para destinar ós Servizos Sociais comunitarios para podermos realizar unha atención de calidade centrada na persoa, non adicar os escasos recursos cos que agora conta a unha prestación doutro organismo, en detrimento das atencións que se viñan prestando. Os servizos sociais comunitarios, nesta crise sanitaria e social veñen funcionando como diques de contención, e téñense visibilizado as debilidades do sistema ao non contar cunha estrutura orgánica e funcional o suficientemente dotada, a pesar do elevado incremento da demanda de persoas en situación de necesidade ou risco de exclusión nos últimos anos. Denunciamos que os servizos sociais, non teñen o apoio , soporte e respaldo (tanto a nivel de persoal como de medios técnicos e espazos físicos) co que outros sistemas si contan, e funcionan como sistemas de segundo nivel, cando nesta crise visibilizouse claramente o seu músculo social, e o seu papel activo ante a intervención social coas persoas máis vulnerables. Son equipos que continuaron traballando á carón das persoas que máis o necesitaban durante todo o estado de alarma, tal e como xa viñan facendo con anterioridade e como continuarán a facer. Aplaudimos a medida de apoio económico transitorio aos colectivos máis vulnerables nesta crise sanitaria e social, defendemos que a competencia da nova prestación recaia noutro sistema (o da Seguridade Social), pero preocupa especialmente, no colectivo do traballo social, o escenario de intervención social ante a implantación do IMV, en relación aos seguintes aspectos:

• Ata agora, aquelas situacións de risco, onde desde os servizos sociais, se acompañaba ás persoas na potenciación das súas capacidades que lles permitise desenvolver o seu proxecto vital, van desaparecer do sistema, ao vencellarse a unha prestación periódica sine die desde outro organismo

• Preocupa cómo de oficio se van vencellar as persoas solicitantes/beneficiarias de RISGA ao IMV, e cómo os proxectos de 3 intervención e inclusión social iniciados se van traballar en adiante ou van desaparecer.

• Entendemos que deben xerarse as pasarelas necesarias co apoio funcional e estable aos servizos sociais comunitarios, para dar continuidade ao acompañamento na intervención social cos colectivos de maior risco de vulnerabilidade social.

Posted in Novas
Hoxe presentamos o noso #programa arredor do #traballosocial á candidata pola #Coruña @LucaChao_ de @EnComun_Gal https://t.co/IK0u3kdhPS
.@EPGalicia recolle o noso rexeitamento aos bonos e tamén a nosa postura sobre o bono á dependencia e a tarxeta mo… https://t.co/A5oHBmitCX
👉 Rexeitamos o bono de 250€ da Xunta. Sería unha boa recompensaque se cumprisen as ratios de referencia na dotación… https://t.co/2k4IE7Kvel
El COTSG alerta sobre el “colapso total” de los servicios sociales. Rechazan que se les asigne la tramitación del I… https://t.co/cQabrl3hxJ
.@prazapublica recolle a nosa posición: 👉O COTSG explica que “o sistema galego de servizos sociais comunitarios es… https://t.co/st5xwxmC3z
Se non viches o #EncontroVirtual sobre #IngresoMinimoVital con @trabsocialytal @lampstrung e Jonathan Añón telo nes… https://t.co/aYvMcn09dM
👉As compañeiras de Xunta de Goberno, Ana Vilar e Miriam Rodríguez e a técnica Nerea Fernández, xuntáronse con Polít… https://t.co/fvTp7uJa9a
#Vivenda A compañeira de #colexiación, Sagrario Fernández escribiu esta interesante peza de opinión en Praza Públic… https://t.co/hm7MpWvgyF
Entrevistamos a @trabsocialytal “Nos servizos sociais a mirada da traballadora social debe ser experta en comprende… https://t.co/GWaE9CJ7l7
Moitísimas grazas ás máis de 70 persoas #colexiadas e #precolexiadas conectadas a este Encontro Virtual sobre o… https://t.co/NEuWlBvDTQ