¿Como colexiarse?
REQUISITOS
A incorporación ao Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia esixirá, polo menos, a existencia conxunta dos seguintes requisitos:
- Ser maior de idade.
- Presentar a correspondente solicitude dirixida á Presidencia da Xunta de Goberno do colexio, achegando o título profesional ou o certificado académico de finalización dos estudos correspondentes, e o recibo acreditativo de ter satisfeitos os dereitos de expedición do título. Os/as profesionais co título de traballador/a social expedido por outros estados membros da Unión Europea deberán achegar, ademais do respectivo título académico, a correspondente resolución de recoñecemento deste para o exercicio da profesión en España. Nos casos de títulos expedidos por países non-membros da Unión Europea, xuntarán o preceptivo título de validación dos seus estudos de diplomado ou diplomada en traballo social.
- Satisfacer a cota de inscrición que determine o colexio oficial. No caso de que a persoa solicitante xa estivese inscrito noutro Colexio de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais, será suficiente que achegue certificación acreditativa deste último.
- A adquisición da condición de persoa colexiada farase efectiva mediante a correspondente resolución expresa do colexio oficial.
DOCUMENTACION NECESARIA
- Dúas fotografías tamaño carné (18 x 24 mm.)
– Fotocopia do DNI / NIE / Pasaporte
– Fotocopia compulsada do título profesional de Traballo Social ou fotocopia compulsada da solicitude de expedición do mesmo.
– Certificado de demanda de emprego do Servizo Galego de Colocación.
– Fotocopia ou documento bancario onde aparezan os vinte díxitos da conta onde se desexe domiciliar o pago das cotas anuais.
– Xustificante de ter realizado o ingreso da matricula de inscrición, mediante abono en efectivo, transferencia bancaria, pago mediante TPV, ou ingreso na conta de ABANCA co seguinte IBAN:
IBAN FORMATO IMPRESO: IBAN ES26 2080 5195 8830 4000 6153
IBAN FORMATO ELECTRÓNICO: ES2620805195883040006153
Os importes calcúlanse en función da situación laboral e do tempo transcorrido dende o remate dos estudos ata o momento da colexiación:
MATRICULA | DESEMPREGO | ACTIVO |
Menos de 2 anos | 22,00 € | 30,00 € |
Máis de 2 anos | 44,00 € | 60,20 € |
O importe da cota colexial anual establecese en función da situación laboral (persoas colexiadas en desemprego e persoas colexiadas en activo).
As cotas a aboar no exercicio 2018 figuran na táboa seguinte:
T.S. Desemprego | T.S. en Activo | |
COTA ANUAL | 75,00 € | 150,00 € |
- As e os profesionais que previamente estiveran colexiadas e desexen retomar de novo a colexiación, non será preciso abonar a contía da matricula, mantendo o mesmo número de colexiación.
- As e os profesionais en situación laboral activa sen exercer como Traballadora ou traballador social, deberán abonar a matricula en activo e cota como desempregada/o.
- As cotas poderán ser fraccionadas de xeito anual ou semestral. As cotas anuais serán cobradas no mes de xuño; as cotas semestrais serán cobradas nos meses de xuño e decembro do ano en curso.
- As cotas serán proporcionais aos meses que correspondan segundo a data de colexiación.
*Cota reducida por pago anticipado: as persoas que decidan anticiparse ao pago no mes de pagan 145€ en activo e 72,50€ en desemprego
No importe da cota vai incluída a cota destinada ao Consejo General de Trabajo Social.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN PARA A COLEXIACIÓN: INSCRICIÓN EN LIÑA (Encher e imprimir) >>
ORDE DE DOMICILIACIÓN: (Documento formato Word DOC) (Documento formato Acrobat PDF)
SOLICITUDE DE BAIXA COLEXIAL: Descargar impreso.