Novas

Cheas e cheos de ORGULLO

Cheas e cheos de ORGULLO

Cheas e cheos de ORGULLO

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) fai un chamamento á cidadanía a participar nas accións online que se van realizar para celebrar o Día Internacional do Orgullo LGTBI para reivindicar a igualdade na diversidade e o respecto á diferenza.
Desde o COTSG cremos na necesidade de reclamar avances lexislativos nesta materia:
– Retomar o proxecto da lei galega de identidade de xénero (tombado polo PP en 2017) mediante xuntanzas coas organización LGTBI que consideran insuficiente a actual lei.
– A inclusión da diversidade sexual e de xénero nos currículos educativos e nos plans universitarios. A implantación de medidas preventivas fronte ao acoso escolar por orientación sexual e de xénero, moitas veces frecuente nos centros educativos.
– Creación dun plan de inclusión social que loite contra o estigma e a discriminación das persoas trans en risco de exclusión social ou excluídas e tamén das persoas migrantes.
– Formación: as persoas que traballen nos servizos públicos teñen que coñecer as especifidades da realidade que viven as persoas LGTBI, as discriminacións que enfrontan e os dereitos que lles asisten. Por suposto, tamén debe coñecelos o persoal sanitario para un adecuado tratamento, docentes para atallar o acoso escolar e educar no respecto á diversidade e policía, que tramitará unha denuncia como de odio ou non. Tamén deben estar ao día o persoal dos centros de día, das residencias de maiores, institucións penais, etc. Neste sentido desde o COTSG traballaremos pola inclusión da figura da ou do traballador social nos centros educativos.

– Desde o colectivo do Traballo Social traballaremos para reivindicar os dereitos das persoas con diferente orientación e/ou identidade sexual e pola sensibilización e igualdade real na sociedade galega.

Posted in Novas
Tagged ,
Hoxe presentamos o noso #programa arredor do #traballosocial á candidata pola #Coruña @LucaChao_ de @EnComun_Gal https://t.co/IK0u3kdhPS
.@EPGalicia recolle o noso rexeitamento aos bonos e tamén a nosa postura sobre o bono á dependencia e a tarxeta mo… https://t.co/A5oHBmitCX
👉 Rexeitamos o bono de 250€ da Xunta. Sería unha boa recompensaque se cumprisen as ratios de referencia na dotación… https://t.co/2k4IE7Kvel
El COTSG alerta sobre el “colapso total” de los servicios sociales. Rechazan que se les asigne la tramitación del I… https://t.co/cQabrl3hxJ
.@prazapublica recolle a nosa posición: 👉O COTSG explica que “o sistema galego de servizos sociais comunitarios es… https://t.co/st5xwxmC3z
Se non viches o #EncontroVirtual sobre #IngresoMinimoVital con @trabsocialytal @lampstrung e Jonathan Añón telo nes… https://t.co/aYvMcn09dM
👉As compañeiras de Xunta de Goberno, Ana Vilar e Miriam Rodríguez e a técnica Nerea Fernández, xuntáronse con Polít… https://t.co/fvTp7uJa9a
#Vivenda A compañeira de #colexiación, Sagrario Fernández escribiu esta interesante peza de opinión en Praza Públic… https://t.co/hm7MpWvgyF
Entrevistamos a @trabsocialytal “Nos servizos sociais a mirada da traballadora social debe ser experta en comprende… https://t.co/GWaE9CJ7l7
Moitísimas grazas ás máis de 70 persoas #colexiadas e #precolexiadas conectadas a este Encontro Virtual sobre o… https://t.co/NEuWlBvDTQ