Novas

“Nas últimas décadas a humanización do sistema sanitario foi fulminada dando paso á monitorización do individuo”

“Nas últimas décadas a humanización do sistema sanitario foi fulminada dando paso á monitorización do individuo”

“Nas últimas décadas a humanización do sistema sanitario foi fulminada dando paso á monitorización do individuo”

Luís Rodríguez Carmona é parte do Comité Científico da Xornada sobre Traballo Social e Saúde Mental. Exerce o Traballo Social no Hospital de Piñor. Entrevistámolo para afondar máis nas claves desta formación.

IMG-20171121-WA0010

Luís Rodríguez Carmona

 

_Por que é importante unha xornada que vincule o Traballo Social e a saúde mental?

_Porque é o primeiro encontro desta orde que se vai realizae en Galicia desde a lonxana Lei Xeral de Sanidade, o cal xa di todo. Esta falta de interese e deixadez recae na responsabilidade dos e das profesionais, entidades e xestores que desde o ámbito social e sanitario esqueceron que a parcela humanitaria do suxeito antóllase como parte decisiva para o equilibrio e para a dignidade da vida da cidadanía que ten unha enfermidade mental.

_Cal é o papel do Traballo Social?

_Os e as traballadoras sociais son pioneiros en dinamizar e mellorar as relacións no ámbito comunitario para lograr a inclusión social dunha cidadanía que adoita ser observada desde o recelo social. Por outra banda, e isto é o nuclear desta xornada, é como estreitar esa distancia ou fenda histórica en canto a dereitos e necesidades desta cidadanía respecto ao resto da poboación. Como destronar esa bipolarización social que vén fracturando sen piedade a nosa sociedade e que parece inundalo todo. Como este actual modelo hexemónico de saúde colaborou a esta tendencia social onde nas últimas décadas a humanización do sistema sanitario foi fulminada dando paso á monitarización do individuo, ao cálculo estadístico e á escoita do fármaco.

_Que pasa cando as estruturas de apoio a esas persoas fallan?

_Actualmente as unidades hospitalarias de rehabilitación psiquiátrica convertéronse no último reducto para aquela cidadanía catalogada como inadaptada ou molesta pola orde establecida. Cando as institucións e promotores da socialización como é a familia ou o organigrama do Estado fracasan o escaparate social deixa de consideralos como unha parte proveitosa da estrutura social acabando dun xeito ou outro nos perímetros do sistema onde os psiquiátricos, as rúas ou as prisións rematan sendo os lugares que conteñen os restos das súas vidas.

_Ten que ver isto coa falta de atención histórica ao sistema sociosanitario?

_Non hai unha resposta institucional conxunta a estes casos polo que, igual que sucede cando se fractura a subxectividade do suxeito psicótico, a administración, paradoxalmente, dará unha resposta social fracturada.

Non é propio dun sistema sociosanitario europeo que non exista na administración un organigrama operativo que teña en exclusiva todas as competencias e todas as respostas para mellorar as necesidades sociais, sanitarias e de inclusión dun o dunha cidadá.

A inclusión social das persoas ten, sen dúbida, máis efectos a longo prazo que calquera proceso de rebeldía ou de psico-educación que se produza no suxeito.

SAUDEMENTALPARAUGAS

_Moitas veces na prensa vemos titulares que directamente relacionan a enfermidade mental coa perigosidade…

É preciso desterrar dunha vez esa asociación. Na miña opinión, en ocasións son os propios profesionais do ámbito social, sanitario e xudicial quen favorecen coas súas actuacións e declaracións esaxeradas que a masa social e mediática perpetúe esa idea xeralizada. Hai algo do punitivo instalado nalgúns profesionais que poñen en risco non só que teña algunha oportunidade en sociedade, senón que favorecen, con estas actitudes que sexan tratados de maneira desconsiderada ou violenta. Do mesmo xeito, isto ten que ver con que a reforma psiquiátrica e a des-institucionalización que se fixo no seu momento foi apresurada e mal planificada, algo típico neste país que cando as normas van moi mediatizadas non se fan previamente os estudos rigorosos precisos, dando lugar a que todo se volva imprevisible.

_Entón, fallan as e os profesionais?

O preocupante é o silencio, a pasividade e o aburguesamento de distintos profesionais, que ven como polas súas mans pasan cidadáns cos seus dereitos cada vez máis restrinxidos. Hai que facilitar foros sociais nos que os pacientes se mobilicen porque ninguén mellor que eles pode defender os seus dereitos e denunciar as arbitrariedades que se lles infrinxen.

 

Achégase o #8M e volvemos rescatar logros silenciados das mulleres para dar testemuña das súas contribucións ao pro… https://t.co/RPQUCGE1jU
Deixámosvos coa reflexión da Traballadora Social Belén Iglesias sobre a vulnerabilidade en que as demoras na vacina… https://t.co/jvAEpYRM8p
Continuamos preparando o #8M reflexionando sobre o papel e a desigualdade que experimentan as mulleres mesmo cando… https://t.co/cBwTe68jtL
O día 11 terá lugar a pílula formativa online 'Emprender en #TraballoSocial. Exercicio libre da profesión'. Deixámo… https://t.co/hkudcZuoO4
Nesta semana previa ao #8demarzo, Día Internacional da Muller, iremos compartindo convosco datos e curiosidades que… https://t.co/HjSdgrIumM
#FormacionCOTSG Durante os vindeiros meses de marzo e abril comezarán varios cursos de interese. Non perdas esta op… https://t.co/iSieJn7fP3
O #InformeSocial é un documento que ten consecuencias no proceso da #intervenciónsocial. Como tal, debe cimentarse… https://t.co/gXcwzvigwk
Logo da xuntanza entre o Colexio e o Partido Socialista, o @PSdeG rexistra unha iniciativa para que a Consellería… https://t.co/j6f4jZAcyd
Hoxe é o #DíaDeRosalía. A poetisa foi,ademais dunha defensora dos dereitos da muller, cuestionando os roles de xéne… https://t.co/DejrdpFVOW
#emprego #laboral Anunciadas as datas de exames da Xunta con 81 prazas do grupo A2 de #TraballoSocial. O primeiro e… https://t.co/DZecDl38y3
O #informesocial é unha ferramenta fundamental na #intervenciónsocial. Para realizalo adecuadamente, o persoal do… https://t.co/vtaJqGrp3j
A Asemblea Xeral da ONU afirma que a xustiza social non se pode acadar se non se respectan os dereitos humanos e as… https://t.co/OnWfT7fxAi
#formacionCOTSG #pilulasCOTSG Lembra que o próximo día 24 pecha o prazo de inscrición para esta pílula formativa… https://t.co/6ZPOcDT9mZ
O @cgtrabajosocial considera urxente e necesario avanzar cara á #RendaBásica Universal e comprométese a permanecer… https://t.co/KRluPqz1zK
O COTSG comeza a sus rolda cos grupos políticos para reivindicar dende o #traballosocial un sistema público de… https://t.co/EIPJOs08N4
A prensa faise eco da nosa reclamación pola seguridade do persoal de #TraballoSocial e das persoas usuarias dos dis… https://t.co/dIM8HsupUU
A Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia contempla a nosa reclamación para crear un Comité… https://t.co/TubsFevwE7