Novas

Cada oito minutos morre unha persoa da lista de espera da dependencia

Cada oito minutos morre unha persoa da lista de espera da dependencia

logo__

  • Segundo datos oficiais do Ministerio de Dereitos Sociais, nos primeiros seis meses do ano, 32.035 persoas faleceron nas listas de espera da dependencia (20.413 dependentes con dereito e 11.622 pendentes de valorar).
  • 176 persoas falecen ao día no labirinto burocrático da lei. O escudo social non protexe aos dependentes. O Ministerio de Dereitos Sociais non incrementou nin nun só euro, o financiamento do Sistema de Atención á Dependencia. Está a abandonarse sen atencións ás 392.526 persoas dependentes que están á espera dun procedemento.

Segundo o MoMo elaborado polo Ministerio de Dereitos Sociais no que se analiza a mortalidade das persoas do Sistema de Atención á Dependencia e tendo en conta os datos dos seis primeiros meses deste ano no SAAD, obtéñense as seguintes conclusións:

  • No que vai de ano, 118.357 persoas en situación de dependencia faleceron en España (28.410 máis que no mesmo período do ano pasado). Delas, 20.413 estaban pendentes de recibir as prestacións ou servizos que lles correspondían por dereito e 11.622 pendentes de valorar.
  • Case a metade (48%) dos dependentes beneficiarios do SAF que faleceron neste ano vivían en residencias (46.542 residentes, 18.022 falecidos máis que o primeiro semestre do ano pasado).
  • Das 97.944 beneficiarias do SAF que faleceron neste ano, 28.520 tiñan a prestación de residencias (un 29%) e uns 18.247 tiñan unha prestación vinculada ao servizo residencial (19%).

Datos por Comunidades Autónomas nos seis primeiros meses de 2020:

CADRO

 

Se se analizan as cifras deste estudo ministerial nos tres meses do confinamento, entre marzo e maio de 2020, pódense destacar estas conclusións:

  • O 4,4% dos solicitantes do SAF faleceron entre marzo e maio (81.232 persoas falecidas), o que representa un incremento do 61% da mortalidade esperada. Por rangos de idade, o 83% das persoas falecidas en exceso tiña 80 ou máis anos. O maior impacto obsérvase nas persoas con grao III, na que a taxa de falecidos duplícase e sobe ata o 9%.
  • O exceso de mortalidade entre as persoas beneficiarias con prestación nestes tres meses foi do 80%, sendo o exceso de mortalidade de abril (137%) moi superior ao de marzo (68%) e ao de maio (37%). A taxa de persoas beneficiarias con prestación falecidas situouse nun 5,2% das persoas beneficiarias.
  • Por territorios, a mortalidade observada en persoas dependentes ten unha enorme variabilidade. A taxa de falecementos observados en persoas atendidas no conxunto nacional sitúase en 5,2% para o período marzo-maio, aínda que na Comunidade de Madrid e Castela A Mancha alcanzan o 8% de falecidos atendidos mentres que en Melilla e A Rioxa sitúanse en torno ao 2% de falecidos.
  • As CC. AA. nas que se rexistrou un maior exceso de mortalidade entre as persoas beneficiarias foron naC. de Madrid (exceso do 196% con 7.307 persoas falecidas superior ao esperado), Castela A Mancha (exceso do 174%, con 3.060 falecidos superior ao esperado) e Cataluña (exceso do 119%, con 6.162 falecidos superior ao esperado).
  • Doutra banda, as CC. AA. nas que se rexistrou un exceso de mortalidade menor foron Murcia (exceso do 16%, con 150 persoas falecidas superior ao esperado) Andalucía (exceso do 21%, con 1.186 falecidos) e Asturias (exceso do 26% con 207 falecidos).

Obsérvase un impacto moi elevado na mortalidade en persoas con atención en residencia, cun exceso de falecementos de 17.922 persoas máis do esperado (exceso de mortalidade do 151%, o 7,4% do total de persoas dependentes atendidas en residencia). Desta forma, das 57.469 persoas beneficiarias con prestación falecidas durante os meses de marzo-maio de 2020, 29.795 eran persoas beneficiarias con prestación en residencia. (o 52% das persoas beneficiarias con prestación falecidas).

A taxa de persoas dependentes falecidas en residencias foi do 12,3%. Por CCAA, as maiores taxas rexistráronse na Comunidad de Madrid (22% persoas dependentes con prestación en residencia falecidas), Castela-A Mancha (17% persoas dependentes con prestación en residencia falecidas) e Cataluña (16% persoas dependentes con prestación en residencia falecidas). As menores taxas de dependentes con prestación en residencia falecidas recolléronse na Rioxa (4,3% persoas dependentes con prestación en residencia falecidas), Canarias (5% persoas dependentes con prestación falecidas) e Andalucía (7% persoas dependentes con prestación en residencia falecidas).

Lonxe de novos discursos, fotos e intencións, é preciso medidas urxentes para evitar o sufrimento e abandono das persoas máis vulnerables do noso país. O goberno de España debe incrementar de maneira urxente e sen esperar aos PGE o financiamento da Dependencia. Ademais de modificar a lei para permitir a compatibilidade das prestacións e incrementar as intensidades. Os Gobernos Autonómicos deben acometer reformas necesarias que axilicen os trámites. É necesario simplificar os procedementos, e aplicarse medidas de suspensión e flexibilidade do servizo ou prestación sen necesidade de resolución dun novo procedemento.

Hai que avanzar cara á prescrición social do profesional de referencia como único requisito para a executividade e posta en marcha das prestacións. De non facelo serán responsables do sufrimento e desatención das persoas en situación de dependencia, especialmente das 176 persoas que falecen cada día á espera dalgún procedemento da Lei.

Antes de que remate a fin de semana queremos volver sobre a #saúdemental e os #paliativos. Para iso falamos coa com… https://t.co/sNOHyeX36X
Hoxe é o #DíaMundialDaSaúdeMental e por iso entrevistamos á compañeira de #colexiación Gemma González, traballadora… https://t.co/p9aTiMnbjd
Grazas a @lavozdegalicia pola súa pronta rectificación na terminoloxía e, deste xeito, mudar "traballos sociais" po… https://t.co/XDuM1insbh
Enviamos unha carta a @lavozdegalicia porque non cremos que Yosi, de Los Suaves, teña formación para facer traballo… https://t.co/5HxBIWz3Fo
Desde o #traballosocial tamén axudamos a tecer recordos #tecendorecordos https://t.co/5B2nMXYYE2
Lamentamos que a Xunta obvie completamente a parte social na planificación da volta ás aulas. Non se fixo ningún es… https://t.co/bwaCFHZfrp