Novas

BASES PREMIO DE FOTOGRAFÍA SOCIAL

BASES PREMIO DE FOTOGRAFÍA SOCIAL

  • Primeira: obxecto

O Colexio Oficial de Traballo Social (COTSG) pon en marcha un concurso de fotografía social co ánimo de promover e difundir o eido social en Galicia.

  • Segunda: persoas destinatarias

Poderán optar ao concurso as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Estar de alta como colexiada ou precolexiada

2. Aceptar integramente as presentes bases así como a resolución por parte da organización de calquera problema non recollido nas mesmas

  • Terceira: prazo e lugar de presentación de solicitudes

As persoas interesadas en participar poderán achegar as fotografías ao correo comunicacion@traballosocial.gal, seguida dun documento adxunto coa seguinte información:

– Título e breve explicación da fotografía

– Nº de colexiación

– Nome e apelidos da persoa participante

– Correo electrónico

– Teléfono de contacto

O prazo de presentación será desde o 3 de xaneiro ao 10 de febreiro ás 23.59h.

O día 15 de febreiro publicaranse no facebook do COTSG e poderanse votar ata o 20 de febreiro.

  • Cuarta: requisitos e caracterísitcas das fotografías

1. Poderase enviar un máximo de dúas fotografías por participante

2. As fotografías deben de ir acompañadas dun breve resumo das mesmas

3. Non poderán presentarse fotografías que xa foran presentadas noutros concursos nin ter sido publicadas en redes sociais

4. A temática é libre, entendida no eido do social

5. Valorarase, entre outros aspectos, a actualidade da foto, a orixinalidade, ademais do seu impacto social

6. No caso do uso de imaxe de crianzas, será responsable de dito uso da imaxe a persoa participante no concurso. Do contrario non se aceptarán imaxes nas que aparezan menores.

  • Quinta: premios e xurado

1. Estableceranse dúas categorías diferentes:

– A mellor fotografía (valorada polo xurado)

– A fotografía máis votada no facebook (valorada pola comunidade)

2. O premio consistirá nun ano gratuíto de colexiación (valorado en 150€ no caso de estar en activo, 75€ no caso de estar en desemprego e 30€ no caso da precolexiación)

3. O xurado que seleccionará as fotografías a proposta da Xunta de Goberno do COTSG e estará conformado por persoal técnico do COTSG, xunta directiva  e profesionais de recoñecido prestixio no eido da fotografía.

4. O xurado poderá excluír do concurso a aquelas persoas que fagan un mal uso do mesmo, isto é, que incumpran unha ou máis das condicións reguladas nas bases

5. As fotografías serán publicadas na rede social facebook para optar á seguinte categoría, sendo a persoa gañadora a fotografía máis votada escollida pola comunidade

6. O fallo do xurado será o día 2 de marzo e o COTSG dispón dunha semana para comunicarllo á persoa gañadora

  • Sexta: responsabilidade e cesión de dereitos

A organización do concurso non se responsabiliza dos prexuízos que, a pesar das medidas de seguridade adoptadas nestas bases, poidan aparecer por uns contidos inadecuados. A participación no concurso e aceptación das presentes bases implica a cesión á organización dos dereitos de reprodución, exhibición, comunicación pública e transformación de todas as imaxes presentadas. No caso de cartelería, citarase a autoría da foto na marxe inferior dereita. No caso de creacións ad hoc para redes sociais, non. As fotografías usaranse nas diferentes redes do COTSG.

O xurado fará unha escolma das fotografías presentadas para unha posterior exposición.

CARTEL FOTOGRAFÍA

Posted in Novas
No #DíaDeRosalía lembramos a súa contribución ao feminismo. Prólogo de La hija del mar: "Porque todavía no les es p… https://t.co/6vk6fsUgcm
Se non puideches vir ao acto de #ConcepciónArenal podes ver o coloquio no que estiveron os membros do… https://t.co/BFSEGHoFP6
Dar e recibir coidados e apoio é unha parte indispensable nunha relación e marcar límites: podes quedar coas túas a… https://t.co/OmXDYiShm3
#FormaciónCOTSG 👉Os vindeiros cursos que podes facer son ✏Afrontamento de problemas de índole psicosocial en neonat… https://t.co/rKBs59n39V
#6febreiro #MutilacionGenitalFemenina No caso do Estado Español, hai 18.000 nenas expostas a mutilación xenital por… https://t.co/ZVDyRT4TjO
👉A compañeira Antía Sobrino, participou nesta reportaxe: «Para pedir unha axuda para unhas gafas, un aluguer ou a R… https://t.co/Ab7jKAamf7
Xaneiro na nosa axenda 😍 https://t.co/QIPF9oYN8a
A xunta de goberno do COTSG e a do @cgtrabajosocial compartimos espazo para as nosas xuntanzas respectivas: o centr… https://t.co/7kZNu8cCZh
O COTSG e o @cgtrabajosocial aproveitamos para facer as nosas respectivas xuntas de goberno esta mañá tras o acto d… https://t.co/cRdy0isQYP