Así, asi?. O bebé é o protagonista da súa vida 0 a 3 anos | Así, así? El bebé es el protagonista de su vida 0 a 3
Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, 2017.
Esta guía trata os aspectos imprescindibles da crianza dos nenos e nenas de 0 a 3 anos e pretende ser, ante todo, unha ferramenta práctica, tanto para previr os trastornos do desenvolvemento coma para orientar as familias e os profesionais.
O seu obxectivo é axudar a todas as persoas interesadas pola crianza, e especificamente ás familias e aos profesionais, a entender máis e mellor unha etapa da vida que é clave para as idades posteriores, tanto da nenez coma da etapa adulta, de cara a xerar personalidades máis seguras, máis autónomas e máis sas, no sentido global deste termo.