COTSG en Medios

Artigo de opinión de Míriam Rodríguez: O desafío demográfico

Artigo de opinión de Míriam Rodríguez: O desafío demográfico

A presidenta do COTSG escribiu este artigo para o xornal especializado Entremayores. Podes lelo nesta ligazón.

Tamén vos deixamos aquí o texto:

O  proceso de envellecemento pobacional é unha tendencia mundial que se continuará incrementando nos vindeiros anos. As persoas de máis de 65 anos van supor o 33% de promedio da poboación mundial no 2050. 
Se nos circunscribimos a Galicia podemos dicir que é unha das rexións xeográficas máis avellentadas de Europa e, ao mesmo tempo, unha das zonas con máis esperanza de vida do continente. Somos a segunda comunidade máis vella do Estado, só superados por Castela e León. 
As persoas de idade avanzada presentan necesidades específicas que é preciso atender dende un sistema público que se adapte ás súas características sociais, xeográficas e culturais. É frecuente que  experimenten algún tipo de dependencia ou se enfronten a situacións de soidade. Para poñelo en cifras, segundo os datos estatísticos, unhas 270.000 persoas viven soas na Galicia e 117.875 son dependentes.
Galicia non está a adaptar o sistema público de  servizos sociais e sanitarios ao progresivo avellentamento da súa poboación. A pesar de contar con persoal altamente cualificado para atender a nova realidade social, os recursos públicos son limitados e non están a chegar a unha grande parte da poboación.
Malia as modificacións lexislativas, os recursos existentes non se adaptan á realidade galega nin ao apego cultural que as persoas maiores manteñen co seu medio, xa que non existe un reforzo real e efectivo nos servizos de proximidade. A carencia prolongada de recursos deriva nunha institucionalización obrigada das persoas maiores. Os recursos residenciais deberían ser considerados como de última instancia e subsidiarios ao resto, pero rematan por constituir a única oferta viable de atención.
A traballadora social, como profesional de referencia en toda a rede de servizos sociais  ten un papel clave perante este desafío social e demográfico, as súas funcións son variadas e amplas neste campo de acción: detección precoz de casos, atención directa de usuarios, elaboración de programas específicos de interxeracionais, de prevención de saúde, de acompañamento, coordinación cos entre os distintos sistemas, xestion recursos e elaboración de  novas estratexias de atención e prevención desde o estudo e análise de campo.
Porén este papel debe ir acompañado da implicación institucional para a dotación de recursos.  Principalmente recursos de proximidade para a atención de situacións de dependencia ou necesidade: servizo de axuda no fogar cunha intensidade derivada das necesidades reais das persoas que poida cubrir amplas franxas horarias, centros de día próximos aos domicilios, comedor sobre rodas en toda a xeografía, así como unha  coordinación sociosanitaria axeitada e áxil.  Ademais é preciso desenvolver recursos de proximidade que atendan as demandas emocionais das persoas que se atopan en soidade: amplos programas de lecer e acompañamento para un envellecemento activo.
O cambio demográfico é un feito constado, falta por ver se o cambio institucional acompañará aos cidadáns dentro do estado de benestar ou deixará as persoas maiores en situacións de desamparo.
👉 Valoramos positivamente que o #Sergas veña de cubrir a praza tras a nosa reclamació e a da @galizaCIG 👉As consecu… https://t.co/NCNn2niVro
Tal e como recollemos na nosa #GuíaDeComunicación, a nacionalidade non aporta nada á noticia e só parece que busca… https://t.co/0B0WBbzlwf
👉Desde o COTSG trasladamos aos responsables a situación que viven as e os compañeiros dos EVOS e o deterioro dos de… https://t.co/iPUA4xJ6Bd
Demandámoslle ao #SERGAS que cubra a praza de #traballosocial no hospital público da Mariña que queda baleira en va… https://t.co/kQMYpV93TQ
Lorena Añón, profesora da EUTS para @el_pais: “Nos xuízos fálase das mulleres drogadas ou borrachas de xeito consta… https://t.co/q4PDcNjDgo
🙋‍♀👉Xa podedes descargar a revista galega de Traballo Social Fervenzas https://t.co/4LEYzQqhVJ 👓📖con relatos de mul… https://t.co/3FnAVXCioJ