Novas

ACTO CONMEMORATIVO CONCEPCIÓN ARENAL

ACTO CONMEMORATIVO CONCEPCIÓN ARENAL

ACTO CONMEMORATIVO CONCEPCIÓN ARENAL

Abertas as inscricións para asistir ao Acto conmemorativo do 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal que terá lugar o próximo 31 de xaneiro de 17 h00 a 20 h00 no Palacio María Pita (Sala Dourada) na Coruña que organiza o Consejo General del Trabajo Social e o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.

Cun pensamento moi adiantado á súa época, sentou as bases do traballo social cen anos antes de figuras recoñecidas a nivel mundial como Jane Addams ou Mary Richmond. Podemos reivindicar sen ningún tipo de complexo que esta ferrolá está á altura das nais fundadoras do traballo social cun pensamento humanista, reformista e moderno centrado na ética da compaixón.

O acto será unha invitación ao debate sobre a vida de Concepción Arenal como muller e como a nosa precursora é exemplo do que pode chegar a conseguirse desde a súa ética da compaixón, é dicir, exemplo da paixón das nosas coetáneas na defensa da igualdade, a xustiza social, a solidariedade e do respecto dos Dereitos Humanos. Neste sentido profundaremos na publicación do libro: Concepción Arenal, Reformadora Social e Moral desde a Compaixón, de Francisco Idareta Goldaracena.

PODES INSCRIBIRTE NESTA LIGAZÓN

PROGRAMA:

2

Moitísimas grazas ás máis de 70 persoas #colexiadas e #precolexiadas conectadas a este Encontro Virtual sobre o… https://t.co/NEuWlBvDTQ
NOVIDADE FORMATIVA: Falamos con D. Mustieles que nos explica a importancia do #autocoidado na nosa profesión. Impar… https://t.co/HzrEof5OBz
Imprescindible artigo da compañeira de Xunta de Goberno, Ana Rodríguez @cgtrabajosocial @trabsocialytal https://t.co/bJxZ6nOPlB
#CarvalhoCalero, o autor de Scórpio, foi estudoso incansable da nosa lingua e un gran pedagogo. Como moitas outras… https://t.co/4GFGTqSQNJ
"El COTSG señala la existencia de "mucho retraso" en la asignación de plazas residenciales de las emergencias que c… https://t.co/Qpqr2R77EW
Reclamamos que a Xunta envíe sen demora os protocolos para os servizos sociais e subliñamos moitas carencias no sis… https://t.co/2eD8t1tbJL