Novas

Activada a quenda de garda social permanente para mulleres vítimas de violencia

Activada a quenda de garda social permanente para mulleres vítimas de violencia

Activada a quenda de garda social permanente para mulleres vítimas de violencia, os seus fillos e fillas menores e as persoas dependentes que teñan a cargo. Dita quenda pioneira ten como obxectivo unha intervención especializada e inmediata desde o traballo social para as vítimas de violencia machista. O protocolo poderá ser activado na situación de urxencia nos diferentes escenarios (sede policial, xudicial, domicilio etc.), as 24 horas do día, os 365 días do ano en todos os partidos xudiciais de Galicia. 

O convenio recolle que esta quenda de garda é un servizo público de balde para as mulleres e menores a quen vai dirixido. O perfil de usuario é calquera muller, menores ao cargo e persoas dependentes ao seu cargoque sufran violencia de xénero, que se atope nunha situación de urxencia derivada da situación de violencia de xénero dentro do contexto dunha actuación policial ou xudicial e que solicite a atención voluntariamente tras ser informada de este recurso.

Procedemento

O procedemento de activación comezará cunha chamada das Forzas e Corpos de Seguridade ou Xulgados con competencias en violencia de xénero ao Teléfono de Información ás Mulleres, 900 400 273, operativo as 24 horas dos 365 días ao ano, que á súa vez se porá en contacto coa persoa da quenda de garda correspondente para garantir a presenza inmediata do ou da traballadora social no lugar sinalado polas Forzas e Corpos de Seguridade ou xulgados. A ou o traballador social que atenda á persoa será sempre unha ou un colexiado con coñecementos específicos nesta área.

Formación especializada

O COTSG puxo en marcha durante os meses de maio e xuño unha formación específica nas catro provincias galegas á que asistiron as persoas que forman parte da quenda.

Os obxectivos desta formación foron: dotar ás e aos profesionais do Traballo Social de coñecementos e habilidades específicas para a intervención con persoas vítimas de violencia de xénero; coñecer os procesos psicosociais inherentes á violencia de xénero; identificar as fases da violencia de xénero e o proceso de toma de conciencia, ruptura e superación; aplicar as técnicas de intervención de traballo social na abordaxe de situacións de violencia de xénero, así como coñecer os recursos implicados, a normativa vixente e os mecanismos de coordinación con outros axentes implicados.

Dita formación posibilita que as e os profesionais que forman a quenda coñezan todos os recursos necesarios para atender ás mulleres vítimas de violencia machista.

👉 Estamos a piques de estrear páxina web! 💻📱 👉 Teremos un site máis moderno, cómodo e orientado a facilitar o trab… https://t.co/Yj9M9pvIqq
#cursoCOTSG 👉 Coñeces a abordaxe #Gestalt? 👉 O autocoñecemento é imprescindible no desenvolvemento persoal e na boa… https://t.co/pU9c7zIZNd
👉 O #cursoCOTSG Responsabilidade Social de Xénero ten aberto o seu prazo de inscrición . 👉 Aprenderás a desenvolve… https://t.co/hUQb3sTvmE
Lembra que entre os #servizosCOTSG para persoas colexiadas está o de asesoría xurídica. Este é o horario de atenció… https://t.co/RtDihvf1cb
Neste #1deMaio lembramos que o #TraballoSocial é unha profesión esencial para o #benestar da sociedade e o apoderam… https://t.co/42kzUkcowP
Contra a #segregaciónescolar, a figura do profesional do #TraballoSocial educativo nas equipas interdisciplinares d… https://t.co/thHp6g9MEm
👉 Revistas científicas de colexios profesionais xuntáronse nun encontro e posta en común organizada polo… https://t.co/EGhPQnzIXW
👉 O @cgtrabajosocial lanzou a campaña #TRABAJOSOCIALSANITARIOYA á que queremos sumarnos desde Galicia. 👉 Pódela c… https://t.co/wGP81qSAG1
Imprescindible artigo de Teresa Zamanillo onde alerta sobre a ruptura da protección social en España e a desnatural… https://t.co/hEEytPUpiz
Un día coma esta, en 1759, nacía #MaryWollstonecraft, escritora, filósofa e defensora dos dereitos das mulleres. https://t.co/EyWO78NOGg
👉Traballamos con outros colexios profesionais na elaboración dunha publicación onde recollemos propostas para dar r… https://t.co/SzPZrkE131
👉 Novo artigo no #blogdoCOTSG. 📱💻 👉 Entrevistamos ás impulsoras do Servizo de Atencións Psicosocial Urxente… https://t.co/2HIp0FLEtT
👉Contra o #discursodeodio en contra de colectivos vulnerables ou en risco de exclusión. 👉O COTSG reclama a todas a… https://t.co/uEcenb71nP