• 01/06: A Coordinadora da Quenda de intervención social en Violencia de Xénero, Nerea
    Fernández, levou a cabo a presentación do Protocolo en Ourense.
  • 06/06: A Coordinadora da Quenda de intervención social en Violencia de Xénero, Nerea
    Fernández, levou a cabo a última presentación do Protocolo en Vigo.
  • 06/06: A vogal de formación, Mapi Lema, acude a Presentación do Estudo “O impacto da
    Violencia de Xénero en España: unha valoración dos seus costes no 2016”, na Delegación de
    Goberno en A Coruña.
  • 07/06: A vogal Ana Rodríguez acude a Graduación de Traballo social da Escola Universitaria de
    Traballo social en Santiago de Compostela.
  • 08/06 O Consello Xeral realiza o “Taller Diagnóstico Social” en Madrid, ao que acoden a
    presidenta do COTSG, Miriam Rodríguez, a tesoureira, Estela Rosende, e as vogais Silvia
    Sanjurjo e Mapi Lema.
  • 10/06 Fe Sampayo e Nerea Fernández, técnicas do COTSG, acoden ao convite da sinatura do
    Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade e Vicepresidencia e Consellería de
    Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para desenvolver medidas previstas no pacto de
    estado contra a violencia de xénero.
  • 11/06 Xunta de Goberno
  • 11/06 As técnicas do COTSG Mayka González e Nerea Fernández, acoden a Gala de Premios
    da ONCE.
  • 12/06 As técnicas de formación e emprego do COTSG, Fe Sampayo e Mayka
    González, e a coordinadora, Nerea Fernández, acoden a II Feira de emprego da UNED en A
    Coruña.
  • 13/06 As técnicas do COTSG Fe Sampayo e Mayka González, impartiron na EUTS dous obradoiros de continuidade de estudios e saidas profesionais en traballo social e o de Proxectos Europeos
  • 13/06 A vogal, Maira Vilar, participa no Consello técnico de Atención primaria.
  • 14/06 O COTSG asiste a presentación da guía de FEGADEM.
  • 18/06 Asemblea Xeral e anual do COTSG.
  • 19/06 Xuntanza na Xunta con Carlos Santos e Arturo Parrado, na que estaban presentes Miriam
    Rodríguez, a presidenta do COTSG, Antonio Doval, secretario, e mais Maira Vilar, vogal do
    COTSG.
  • 19/06 A Vogal Silvia Sanjurjo participa no programa europeo Elaine en Catoira.
  • 20/06 Xuntanza interna da área de Formación
  • 22/06 A vogal Silvia Sanjurjo, mais a coordinadora Nerea Fernández, asisten o acto de
    Graduación de Traballo Social na Universidade de Vigo, en Ourense.
    21/06 – 23/06 A presidenta Miriam Rodríguez e asisten a “Escola de Verán”, organizada polo Consello Xeral en Málaga. Este tempo foi para abondar no Traballo social e saúde, Educación, Xénero e Innovación ou boas prácticas.
  • 25/06 Xuntanza de organización da Xunta de Goberno.
  • 2706 Xuntanza de membros da Xunta de Goberno coa Universidade da Coruña para formación en ética
  • 28/06 Fe Sampayo e Nerea Fernández, técnicas do COTSG, asisten ao XIII Encontro de
    Participación e loita contra a Pobreza, a Exclusión social e a Desigualdade no Marco dos ODS.

Comunicación:

  • Elaboración de nota de prensa sobre a sinatura da quenda e posterior difusión da mesma
  • Entrevista á coordinadora da Quenda, Nerea Fernández na TVG
  • Sermos Galiza publica no seu número en papel de xuño unha reportaxe en profundidade sobre a soidade da que fai parte o COTSG
  • La Voz de Galicia publica unha reportaxe en profundidade sobre a Quenda
  • O sábado, 22 o COTSG participa na Radio Galega para falar de envellecemento.
  • Publicación nunha nova entrada do Blog do COTSG
  • Deseño de novo material corporativo do Colexio
  • Comunicado polo día do Orgullo LGTBI e creación específica
  • Creación específica para redes no día internacional das persoas refuxiadas
  • Difusión nas redes sociais do Colexio das actividades de Xunta e equipo de traballo
  • Difusión de noticias extrarreferenciais de interese

Laboral:

  • Alegacións ás bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun/ha traballador/a social no Concello de Noia.
  • Reclamación de cobertura de prazas no Sergas.
  • Reclamación do procedemento nos chamamentos da Bolsa de Emprego de traballo social no Concello de Agolada.
  • Designación de persoal técnico para formar parte dos tribunais de selección nos Concellos de Noia, Narón e Monforte.
  • Designación de persoal técnico para formar parte da mesa de contratación do SAF no Concello de Campo Lameiro.
  • 6 citas presenciais de orientación laboral.
  • Publicáronse 53 ofertas de emprego.

Formación:

Remataron as seguintes accións formativas:

  • Curso de Especialización en atención e acompañamento integral a mulleres e aos seus fillos e fillas vítimas de violencia de xénero, con 180 participantes.
  • Exercicio libre en T. Social, con 30 participantes.

Iniciáronse os cursos de:

  • Intervención social en Centros de Atención a Maiores en situación de Dependencia, con preto de 40 participantes.
  • Peritaxe Social Básico, con 30 participantes.
Outras actividades:
  • Levouse a cabo o Obradoiro de Dinamización do Cooperativismo con 10 partcipantes
  • Participación na Feira de Emprego da UNED.
  • Impartición do Obradoiro de Proxectos Europeos na EUTS.
  • Publicáronse 47 accións formativas externas ao Colexio, de interese para a profesión.

 

Posted in Novas
👉Fíxonos moitísima ilusión a visita de @MFerrazDobarro que, no seu tempo libre, veu compartir con nós a súa experie… https://t.co/YstLcSdTCV
Descende o gasto en ocio, alimentación ou vestiario. O desmantelamento dos servizos provoca que as persoas teñan qu… https://t.co/g6pH2WKCNJ
Sabes o que é a #cargamental? #feminismo #feminismoparavivir https://t.co/bsJ7t0Hgc2
👉🔴Presentamos reclamacion no Centro de Orientación Familiar da Área de Pontevedra para a cobertura da praza de trab… https://t.co/wFhxpnk3Te