Novas

Resumo de actividades de marzo da Xunta de Goberno e o equipo do COTSG

Resumo de actividades de marzo da Xunta de Goberno e o equipo do COTSG

  • 03/03: participación de Ana Rodríguez, Silvia Sanjurjo e Miriam Rodríguez, xunto con varias colexiadas, na manifestación nacional do 3 de marzo en Lugo con motivo do Día da Muller Traballadora.
  • 06/03: xuntanza de Antía Sobrino e Antonio Doval xúntanse co Director Xeral de Discapacidade para explicarlle a postura do COTSG sobre o formulario de solicitude, a preocupación polos equipos unha vez rematados os acúmulos, a lista de agarda e a nosa vontade de colaborar para mellorar o sistema.
  • 07/03: Silvia Sanjurjo e Miriam Rodríguez asistiron ao acto Mulleres Pedindo Paso, celebrado no Gaiás para homenexear a mulleres de diversas profesións co gaio do 8 de marzo.
  • 08/03: As persoas da Xunta de Goberno participaron nas manifestacións locais do 8 de marzo.
  • 09/03: Ana Rodríguez, Mayka González e Antía Sobrino xúntanse, por primeira vez, co grupo de traballo de Exercicio Libre.
  • 14/03: Ana Vilar desenvolveu unha xornada de traballo con membros da Xunta do Consejo General del Trabajo Social sobre documentos do modelo de Servizos Sociais, a presentar para a asemblea xeral.
  • 20/03: Ana Rodríguez e Ana Vilar asiste ao Consello Galego de Benestar Social
  • 22/03: Celebración do Día Mundial do Traballo Social so que asitiu toda a Xunta de Goberno
  • 23/03: Xuntanza do Grupo de Traballo de SAF
  • 28/03: Ana Vilar e Miriam Rodríguez asisten á entrega dos premios estatais de traballo social en San Sebastián.
  • 29/03: Ana Vilar e Miriam Rodríguez asisten á asemblea estatal do Consejo General de Trabajo Social.
  • Envío de comunicado al ao Concello de coruña para reivindicar a presenza do COTSG naquelas iniciativas públicas que persigan unha mellora no benestar social das personas.
  • Comunicación
  • 17/03 Envío de nota de prensa das actividades do Día Mundial do Traballo Social.
  • 19/03 Entrevista de Antía Sobrino en Praza Pública sobre o Día Mundial do Traballo Social.
  • 19/03 Entrevista a Ana Vilar no Sermos Galiza sobre a intervención do traballo social na soidade en persoas maiores.
  • 21/03 Entrevista a Antía Sobrino na Radio Galega sobre o Día Mundial de Traballo Social.
  • 22/03 Entrevista á colexiada Ana Anta na Cadena Ser.
  • 26/03 Entrevista a Nerea Fernández en Onda Cero Coruña sobre desafiuzamentos.
  • 27/03 Entrevista a Nerea Castro en La Opinión sobre desafiuzamentos.
  • 28/03 Entrevista a Ana Vilar en La Voz de Galicia sobre maltrato a persoas maiores.
  • Deseño da campaña do 8 de marzo: vídeo, entradas na web, camisetas e chapas.
  • Asistencia á manifestación do 3 de marzo con transmisión de vídeo en directo e album de fotos.
  • Adaptación do cartaz da FITS ao Día Mundial do Traballo Social.
  • Asistencia ao Día Mundial do traballo social con gravación, vídeo en directo, album de fotos, difusión nos medios e recollida de material para a súa difusión.
  • Actualización da web e redes sociais.
  • Deseño de cartelería do COTSG.
  • Laboral

    ·        Alegacións ás bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun/ha Educador/a Familiar, nos Concellos de Cariño e Carballo.

    ·        Alegacións á OPE do Concello de Vigo en relación á nomenclatura das prazas de Traballador/a Social.

    ·        Alegacións aos procesos de funcionarización da Dirección Xeral de Función Pública da Xunta de Galicia en relación á nomenclatura das prazas de Traballador/a Social.

    ·        Alegacións ás bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal para traballar no CIM na Comunidade de Municipios de Santa Águeda.

    ·        Designación de persoal técnico para formar parte do tribunal de selección para a contratación dun/ha Traballador/a Social nos Concello de Tomiño e Barbadás.

    ·        14 citas presenciais de orientación laboral.

    ·        Publicáronse 75 ofertas de emprego.

  • Formación

Iniciou o curso de Intervención sociocomunitaria con persoas con discapacidade, no que están a participar  33 persoas.

No mes de marzo tiveron lugar 2 pílulas formativas

  • Pílula formativa [Reglamento Europeo de Protección de Datos e Nova Lei Orgánica de Protección de Datos: Abordaxe desde o Traballo Social] – Santiago de Compostela, impartida por Malena Puñal (EUTS) á que asistiron 22 persoas. (14/03/2019)
  • Pílula formativa de Exercizo Libre, impartida por Rafael Vázquez da Fundación Ronsel, á que asistiron 9 persoas.

Abriuse o prazo para inscribirse nestas accións formativas / conferencias:

  • Conferencia “O Traballo Social protagonista en 30 anos do Plan Concertado de Prestacións Básicas dos Servizos Sociais das corporacións locais” – Santiago de Compostela
  • Xornada informativa sobre o Bono Social Eléctrico – Santiago de Compostela
  • Curso COTSG: Incorporación da mirada de Xénero na Saúde e Dependencia desde o Traballo Social
  • Curso COTSG: Intervención social en Centros de Atención a Maiores en situación de Dependencia

 

Posted in Novas
Nos centros educativos desenvólvense casuísticas nas que se fai precisa, sen dúbida a intervención da ou do traball… https://t.co/zI6LsiD8Pw
.@SermosGaliza recolleu o traballo do alumnado da EUTS cos mapas corporais https://t.co/uareJud9k2
Se queres coñecer o programa CoidarNos para persoas coidadoras de dependentes, gañador do premio Boas Prácticas do… https://t.co/7c6y1QbHpg
A compañeira de Xunta de Goberno, Antía Sobrino, falou con @prazapublica sobre o #DíaMundialdelTrabajoSocial que ce… https://t.co/874ZFTli6F
#8MFagoFolga A Xunta de Goberno e o persoal do COTSG secundamos a folga feminista e animámosvos a que participedes… https://t.co/b4uThOjrx2
#DíaInternacionalDaLinguaMaterna As linguas e o seu entrelazamento coa identidade, a comunicación, a integración so… https://t.co/TdEXfl0xuO