O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia quere incentivar a participación das persoas colexiadas e ao mesmo tempo, divulgar a súa labor profesional entre a sociedade. Para iso, organiza estes premios de carácter anual co propósito de contribuir a acadar ambos fins.
O COTSG premiará no vindeiro ano 2020, unha investigación, un traballo de fin de grao (TFG) ou fin de máster (TFM) e unha experiencia de boa práctica realizada na Comunidade Autónoma de Galicia. Todas elas relacionadas coa disciplina do traballo social.
Só se poderá concurrir a unha das modalidades.
Para máis información:
- BASES PREMIOS DE TRABALLO SOCIAL 2020
- Anexo I.1. Requisitos e baremo premios categoría de investigación 2020
- Anexo I.2. Requisitos e baremo premios categoría de boas prácticas 2020
- Anexo I.3. Requisitos e baremo premios categoría TFMTFG 2020
Documentación necesaria:
- Anexo II. Solicitude tres modalidades 2020
- Anexo III.1. Artigo Científico 2020. Non é preciso facelo no modelo que se achega. O que se pide é que conteña todos os puntos que figuran no mesmo.
- Anexo III.2. Informe de Boa Práctica 2020. Non é preciso facelo no modelo que se achega. O que se pide é que conteña todos os puntos que figuran no mesmo.
- Anexo IV Equipo de Traballo 2020
Prazo límite para a remisión de solicitudes: 31 de xaneiro de 2020.