🚫 A violencia non é só un acto illado: é un sistema.
🔥 Maniféstase no machismo, racismo, pobreza, exclusión, precariedade, destrución do medio…
Como traballadoras sociais sabemos que a nonviolencia é o camiño cara a xustiza ecosocial, igualdade real e dereitos garantidos para todas. A nonviolencia é…
🫱🏽🫲🏾 Coidar, escoitar, acompañar, transformar.
🫂 Recoñecer ás redes e persoas que coidan a vida cotiá
🌱 Pequenos xestos e accións que sementan cooperación e paz.
Nonviolencia é tamén acción directa non violenta: resistencia civil, desobediencia pacífica, colectivización e comunidade organizada fronte ás inxustizas. Vémolo nas loitas pola terra, nas redes de apoio mutuo, nas flotillas que rompen bloqueos e levan esperanza a Palestina e ao mundo🌏.
💬 Chamamos a poñer a vida no centro, a tecer comunidade e a transformar a realidade desde a ética do coidado, da dignidade e da resistencia compartida.
#DíaDaNonViolencia ✊🏾 #TraballoSocial 🧩 #XustizaecoSocial ⚖ #ResistenciaCivil 🚩 #Galicia 🌊 #SolidariedadeInternacional 🌍 #Coidados 🫂 #Paz

