Busca o/a teu/túa profesional

E

¿QUÉ É O EXERCICIO LIBRE?

É unha actividade profesional de carácter privado ofertada por profesionais do Traballo Social que deciden exercer a súa actividade, creando o seu servizo particular, desde o Traballo Social e como un conxunto de accións e servizos profesionais para exercer funcións propias da Disciplina.

Actúa baixo os principios, técnicas e código deontolóxico do Traballo Social, participa en novos ámbitos de intervención social, crea novos campos de acción sendo unha oportunidade de ampliar horizontes e enfoques para avanzar, promovendo o cambio e desenvolvemento.

E

LISTAXE DE PROFESIONAIS INDEPENDENTES/EXERCICIO LIBRE

A listaxe de profesionais independentes é un servizo específico que ofrece o COTSG á cidadanía, empresas, asociacións non lucrativas, administracións públicas, etc. e para iso dispón dunha listaxe de profesionais do Traballo Social que ofrecen os seus servizos por conta propia.

Esta listaxe actualízase de xeito anual (se existen altas/baixas) e se publica na páxina web do Colexio para que calquere persoa, empresa, asociación ou entidade poda contratar os seus servizos, sendo o/a cliente quen decide a qué profesional desexa contratar.

O Colexio non intervén en ningún proceso de selección do/a profesional que se requira, sendo a súa función o informar e poñer a disposición de calquera entidade e/ou persoa a presente listaxe, así como velar por unha correcta praxe e ética profesional.

E
Se eres cidadan/á, empresa ou asociación e queres contratar os servizos dun/ha Traballador/a Social consulta a listaxe de profesionais independentes. Se precisas máis información podes enviar un correo a grupodetraballo@traballosocial.gal

Listaxes de profesionais do COTSG

Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia conta cunhas novas bases reguladoras das súas listaxes profesionais.

O prazo de inscrición nas listaxes comprenderá do 18 de outubro ao 2 de novembro de 2023 . As listaxes serán permanentes e actualizaránse  anualmente (sempre e cando existise algunha solicitude de alta ou baixa no prazo estipulado. De non ser o caso, permanecerán inalteradas).

Estas novas bases contemplan uns requisitos xerais para todas as listaxes e outros específicos, que deberán ser consultados nas mesmas (punto 3) segundo a listaxe de interese. A documentación xustificativa e o procedemento de altas e baixas (cos anexos correspondentes) tamén aparece contemplado nas bases (punto 6).

DESCARGAS AS NOVAS BASES DAS LISTAXES:

RESOLUCIÓN DEFINITIVA LISTAXES PROFESIONAIS 2023

Para consultalas, pincha na seguinte ligazón:

Tras os avances na plataforma en xestión colexial, eventos e formación, chega un novo servizo de correo profesional na plataforma do Consello Xeral. Este colexio profesional poderá xerar contas de correo profesional a aqueles/as colexiados/as que o soliciten.

Desta maneira, a persoa colexiada rexistrará a súa conta baixo a denominación @col.cgtrabajosocial.es

Podes facer a túa solicitude enviando un correo electrónico ao mail: info@traballosocial.gal