Formación COTS

Listaxe Cursos COTSG Teleformación Maio-Decembro 2017

O Colexio de Traballo Social de Galicia (COTSG) é un referente formativo na Comunidade Autónoma de Galicia no eido do traballo social e da intervención social, desenvolvendo accións formativas en distintas modalidades: presenciais, semipresenciais e en liña.

Debido a dispersión xeográfica das diferentes persoas que forman parte do COTSG, ás dificultades para a conciliación da vida laboral, familiar e formativa, etc.; o COTSG ven detectando a boa acollida da formación en liña, así como un incremento da demanda desta modalidade formativa por parte das propias persoas colexiadas.

Ante esta realidade, o COTSG, seguirá mantendo as modalidades en liña e semipresencias, e a maiores amplía a oferta formativa de cursos en teleformación, facendo pública a listaxe de cursos para o periodo maio-decembro de 2017.
A duración das accións formativas en modalide en liña serán:

  • • TIPO 1 ( 30 horas): un mes de duración.
  • • TIPO 2 (50 horas) dous meses de duración.
  • • TIPO 3 (100 horas) tres meses de duración.

As accións formativas serán impartidas a través da plataforma de teleformación do COTSG, baseada no sistema de xestión de cursos tipo Moodle.

As persoas destinatarias dos cursos serán prioritariamente:

  • as persoas colexiadas: recentemente tituladas ou en situación de desemprego.
  • as persoas precolexiadas: alumando que está a cursar o Grao en Traballo Social.
  • as persoas colexiadas que desexen recibir formación específica no eido que se oferte.

No caso de que queden prazas dispoñibles nas accións formativas ofertadas poderán inscribirse persoas colexiadas doutros colexios profesionais de Traballo Social, así como persoas non colexiadas.

A previsión de custo da matrícula para o alumnado por curso é de:

  • Nos cursos de 30 horas: 35€ para persoas colexiadas e 47€ para persoas non colexiadas.
  • Nos cursos de 50 horas: 58€ para persoas colexiadas e 72€ para persoas non colexiadas.
  • Nos cursos de 100 horas:116€ para persoas colexiadas e 132€ para persoas non colexiadas.

Oferta PLUS: as persoas colexiadas que se matriculen nun curso relacionado con esta convocatoria (modalidade en liña), poderán acceder dentro do mesmo ano, a outra acción formativa na mesma modalidade de xeito gratuíto.

É preciso cubrir en cada curso un mínimo de 20 prazas. No caso de non acadar este requisito o COTSG resérvase o dereito a cancelar a acción formativa.

As persoas interesadas, a partir da data de publicación da presente listaxe (30/03/2017), poderán preinscribirse a través do correo electrónico info@traballosocial.com, comunicando o título da acción formativa que desexan cursar. En breve, procederase a darlle publicidade a cada curso (de xeito individual), achegando o formulario de inscrición.

#WebDoCOTSG Iniciamos esta etapa con moita ilusión e con ánimo de traballar para defender a nosa profesión, ás e ao… https://t.co/FYi7EHDcpW
#FormaciónCOTSG "O Traballo Social pretende quebrar o estigma mediante a información e formación arredor da Saúde M… https://t.co/X6iJeysaJD
Cóntanos @xosecuns que a entrevista que lle fixemos para a #WebDoCOTSG lle fixo reflexionar, e por iso escribiu est… https://t.co/Ri4g52Pj9r
Ollo! Está aberto o periodo de alegacións para o Decreto da #Risga da @Xunta Consulta como facelo na nosa web… https://t.co/yEO0H0yH8d
#FormaciónCOTSG lembrade consultar os últimos cursos de #teleformación https://t.co/Ex3QQniSXV
#WebDoCOTSG Podedes ver a entrevista a @xosecuns Todo un luxo!!!! #TecendoRede https://t.co/9Ritx6xoCs
Vale que hoxe son as eleccións en Cataluña, pero as do Colexio de Traballo Social non son menos importantes! Xa pas… https://t.co/B9j7Qbx53F
Moita xente pequena, en sitios pequenos, facendo cousas pequenas, pode mudar o mundo. O COTSG deséxavos un Bo Nadal… https://t.co/AkqzS4GdRl
#WebDoCOTSG Facemos un popurri con algunhas das noticias que saíron nos medios sobre o COTSG, mesmo en… https://t.co/3RA6YnJ02W
#FormaciónCOTSG lembra anotarte nestes dous cursos. As prazas son limitadas!! Traballo Social e promoción da saúde… https://t.co/JyVaNXeAY2
Así, a guía amosa exemplos -deficientes e correctos- de novas ligadas á exclusión social, os feminicidios, a divers… https://t.co/HZirBUtTmk