Cadro resumo da política de privacidad e protección de datos persoais

Información básica sobre protección de datos

Responsable

Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG)

CIF: Q1569016G

Finalidade Prestación de servizos, e envío de información
Lexitimación Execución de relación contractual ou precontractual, prestación de servizos, cumprimentos legais e consentimento do interesado
Destinatarios Non se cederán datos a terceiros, salvo os necesarios a empregados, colaboradores e proveedores para a prestación dos servizos e/ou por obrigacións legais.
Dereitos Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional.
Información adicional Debe ler a información detallada sobre a POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS DO COLEXIO OFICIAL DE TRABALLO SOCIAL DE GALICIA (COTSG) máis abaixo

No COTSG gústanos ser claros.
Por iso queremos explicarche en que consiste o novo Regulamento Europeo de Protección de Datos e as consecuencias que pode ter para ti:

¿Qué é o novo Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD)?
É unha nova normativa europea. Este Regulamento adapta a xestión dos datos persoais ás novas contornas dixitales, como internet e apps para móbiles. Deste xeito, tes máis control sobre os teus datos persoais.

¿Cando será aplicable a nova normativa?
A Unión Europea aprobou o Regulamento no 2016. Os Estados membros débeno aplicar a partir do 25 de maio do 2018.

¿Qué cambios vai supoñer para ti?
A normativa europea engade novos dereitos aos recolleitos na actual normativa española. Por este motivo, debemos actualizar a información á súa disposición sobre as medidas de protección de datos na empresa. Tamén solicitaremos a túa autorización para poder tratar os seus datos nalgúns casos novos. Deste xeito, poderemos ofrecerche un servizo máis adaptado ás túas necesidades.

¿Tes que consentir todos os tratamentos sobre os teus datos?
Consentir todos os tratamentos permitiranos ofrecerche un mellor servizo e o máis adaptado posible ás túas necesidades, pero podes non facelo. Aínda así, si optas por isto último, nós debemos tratar sempre os teus datos para algúns asuntos obrigatorios por mantemento e/ou cumprimento normativo do produto ou servizos que teñas contratados.
Sempre poderás consultar todos os tratamentos e finalidades que facemos coa túa información persoal.

¿Que ocorre si non queres autorizar determinados tratamentos dos teus datos?
Non recibirás a maioría das nosas comunicacións, e ademais, algunhas xestións connosco serán máis lentas e ata poida que non podamos prestarche algúns dos servizos que ofrecemos.

¿Podes modificar os teus consentimentos cando queiras?
Si. Podes solicitalo a través das canles habituais de comunicación co COTSG.

Este cambio normativo, afecta a todas as empresas?
Si. Todas as empresas que teñan datos persoais deberán cumprir co Regulamento.

 

POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS DO
COLEXIO OFICIAL DE TRABALLO SOCIAL DE GALICIA

 

1. RESPONSABLE DO TRATAMENTO

O COLEXIO OFICIAL DE TRABALLO SOCIAL DE GALICIA , en adiante COTSG, é o Responsable do tratamento dos seus datos persoais e infórmalle de que estes datos serán tratados de conformidade co disposto no Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (RGPD), polo que se lle facilita a seguinte información sobre o tratamento de datos persoais.

COLEXIO OFICIAL DE TRABALLO SOCIAL DE GALICIA (COTSG)
CIF: Q1569016G
Rúa Dublín 6, baixo. Porta 3
C.P. 15707 – Santiago de Compostela (A Coruña)
Email: info@traballosocial.gal

2. FINALIDADE DO TRATAMIENTO

No COTSG priorizamos o servizo ás/aos nosas/os colexiadas/os e sempre nos preocupamos pola protección dos seus datos, por iso queremos ser transparentes co uso que facemos dos mesmos co fin de continuar a ofrecerlle o mellor servizo.

Para cumprir co novo Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD), necesitamos o seu consentimento e informámoslle do tratamento dos seus datos persoais coas seguintes finalidades:
• A prestación de servizos.
• A inclusión na nosa axenda de contactos e poder contactar con vostede por correo postal, correo electrónico, teléfono, mensaxería instantánea ou calquera outro medio físico ou telemático.
• Comunicar noticias e novidades sobre produtos e servizos.
• Comunicar actividades de formación e convidar a Xornadas e eventos.

• Realizar enquisas de satisfacción ou sobre as súas necesidades de produtos e servizos.

Informámoslle de que poderemos manterlle informado das nosas actividades a través de calquera medio que nos facilitou ou calquera outro sistema análogo de comunicación, ofrecéndolle en todo momento a posibilidade de darse de baixa destes envíos.

Plazos de conservación dos datos persoais
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a prestación de servizos, mentres sexa necesario para o cumprimento das responsabilidades legais, mentres exista un interese mutuo para manter o fin do tratamento e mentres o titular dos datos non exercite o seu dereito de supresión ou oposición ao tratamento. Cando xa non sexan necesarios, os datos persoais suprimiranse coas medidas de seguridade adecuadas para garantir o anonimato ou a destrución total dos mesmos.

 3. LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO

A base lexítima do tratamento dos seus datos persoais é o consentimento prestado no seu momento e na súa falta o interese lexítimo respecto ao cumprimento da prestación dos servizos como persoa colexiada ou aqueles que solicite como posible persoa colexiada, responder ás ofertas de servizos ou información sobre os nosos produtos e servizos, así como o consentimento que nos outorga, e na súa falta o interese lexítimo, para o envío da información que consideremos do seu interese.
De calquera xeito, o titular pode opoñerse ao tratamento dos datos en calquera momento mediante o procedemento indicado nesta política.

4. DESTINATARIOS, COMUNICACIÓNS A TERCEIROS E CONFIDENCIALIDADE
O COTSG non comunica os seus datos persoais a terceiros e mantén absoluta confidencialidade respecto da información das/dos súas/seus colexiadas/colexiados ou clientes, salvo que a comunicación dos datos fora necesaria para a prestación do servizo.
Do mesmo xeito, o COTSG poderá comunicar datos de carácter persoal en cumprimento das súas obrigacións legais a organismos oficiais e outras entidades cuxa cesión veña esixida polo cumprimento da lexislación vixente.
Polo tanto únicamente comunicaranse os seus datos a terceiros por obrigación legal ou no caso de que tal comunicación de datos fose necesaria para a prestación dos servizos contratados connosco, polo tanto poderán acceder aos datos de carácter persoal dos contactos e clientes os empregados do COTSG e aqueles terceiros, colaboradores e proveedores que participan na prestación dos servizos e produtos do COTSG aos seus clientes e que tratan os referidos datos en nome e por conta do COTSG como consecuencia da súa prestación de servizos. A título enunciativo e non limitativo, son proveedores de servizos de loxística e mensaxería, asesoramiento xurídico, fiscal e contable, empresas proveedoras de servizos tecnolóxicos, empresas proveedoras de servizos informáticos.
5. DEREITOS DAS E DOS TITULARES DOS DATOS

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre si no COTSG estamos tratando datos persoais que lles conciernen, ou non.
O titular dos datos ten os seguintes dereitos:
• Dereito a retirar o consentimento en calquera momento.
• Dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos, portabilidade ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.
• Dereito a solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso únicamente conservarémolos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
• Dereito a opoñerse ao tratamento dos seus datos, nese caso deixaremos de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
• Dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente, Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), si considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.

Para exercitar os seus dereitos poderá facelo enviando unha comunicación

Por correo físico:
COLEXIO OFICIAL DE TRABALLO SOCIAL DE GALICIA (COTSG)
CIF: Q1569016G
Rúa Dublín 6, baixo. Porta 3
C.P. 15707 – Santiago de Compostela (A Coruña)
Por correo electrónico:
info@traballosocial.gal

6. PROCEDENCIA DOS DATOS PERSOAIS

Os datos persoais que tratamos no COTSG proceden do titular cando contrata produtos ou servizos connosco ou ben cando solicita información a través de consultas ou orzamentos por calquera medio. Tamén das visitas recibidas ou contactos realizados en cursos, xornadas, eventos organizadas polo COTSG

As categorías de datos que se tratan son datos de identificación, datos profesionais, datos académicos e económicos, direccións postais e electrónicas. Non se tratan datos especialmente protexidos

Datos relativos a clientes e proveedores
No caso de que vostede facilite os seus datos como persoa de contacto dunha empresa cliente, posible cliente ou proveedora ou como empresario individual ou colaborador do COTSG informámoslle de que utilizaremos os seus datos persoais para o mantemento da relación contractual, existindo a posibilidade de que lle manteñamos informado das actividades tal e como se indica nesta política de privacidade.
Os datos facilitados polo contacto do cliente, posible cliente ou proveedor como consecuencia do mantemento da presente relación contractual son extensibles, non só aos datos dos asinantes dos contratos, propostas ou orzamentos, senón a todos os datos persoais que fosen necesarios para a consecución da relación contractual ou precontractual. Neste sentido, o cliente, posible cliente ou proveedor deberá comunicar aos mesmos estas circunstancias, si así o considerase adecuado, garantindo en todo caso que conta cos consentimentos que puidesen resultar necesarios.

Datos relativos a persoas candidatas presentadas a ofertas de traballo
No caso de que vostede facilite os seus datos como potencial candidato a unha oferta de traballo para formar parte do COTSG, informámoslle de que os datos serán utilizados para xestionar a súa candidatura.

7. SEGURIDADE DOS DATOS PERSOAIS

O COTSG ten implementados no seu centro de traballo, sistemas informáticos, infraestructuras de comunicacións, etc., as medidas de seguridade que a normativa de protección de datos de carácter persoal require. Tamén adoptou as medidas lóxicas, físicas, organizativas, contractuais, etc., que eviten o acceso de terceiros aos datos sen autorización, a destrución, a modificación, a reprodución, a divulgación, a transmisión ou a reutilización dos mesmos.
Malia iso, sempre que proporcione información persoal a través da rede Internet, existe o risco de que terceiras persoas, cuxo control queda fóra do noso alcance, poidan interceptar esta información e utilizala. Aínda que no COTSG esforzámonos por protexer a información persoal e a súa privacidade non podemos garantir a seguridade da información que revele a través da rede Internet e baixo a súa responsabilidade

8. VIXENCIA E MODIFICACIÓNS DA POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

A Política de Privacidade e Protección de Datos Persoais polo COTSG está en vigor desde a data da súa publicación na web, a persoa usuaria pode consultala online ou ben imprimila e arquivala sempre que o necesite. o COTSG está facultado para modificar e actualizar a súa Política de Privacidade e Protección de Datos Persoais en calquera momento, en particular para adaptarse a novas normativas ou usos dos datos persoais. En devandito caso informará e poñerao en coñecemento da persoa titular dos datos a través da dirección de correo electrónico facilitada polo mesmo, sendo responsabilidade da persoa titular dos datos consultar e ler o correo enviado polo COTSG

9. DEREITO APLICABLE E XURISDICCIÓN COMPETENTE

O consentimento e a aceptación das condicións da Política de Privacidade e Protección de Datos Persoais do COTSG implica o coñecemento e conformidade das advertencias legais aquí expresadas e, en especial, de que os conflitos relativos ás mesmas rexeranse exclusivamente polo Dereito español, sendo os Xulgados e Tribunais españois os únicos competentes.

O 26 de xuño temos Asemblea Xeral! Queremos un colexio aberto, transparente, compartido, común, horizontal... Vés?… https://t.co/QyZ9Kmr59X
Aínda que @elprogreso_Lugo use erroneamente e de xeito reiterado "traballos sociais" por "traballos en beneficio da… https://t.co/hJE6QGd2Tm
Aproveitamos que a @SerGalicia nos deixou para poñerlle algúns deberes urxentes a @sanchezcastejon ;) https://t.co/ZLNg6HZROQ
Moita xente na mesa coordinada por nós sobre o empobrecemento nas persoas maiores #tecendorede https://t.co/2RFYYs8tfz
Mañá empeza GALIsenior, XI Salón Internacional das Persoas Maiores en @EXPOURENSE e queremos convidar a todas aquel… https://t.co/z2EWnHCUdE
Hoxe presentamos xunto con outras 17 asociacións 🙋‍♀🙋‍♂ o acordo "Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito" enfronte… https://t.co/UFcvOSKPDw
🔴🔴Loitar para recuperar os dereitos laborais é un dos retos sociais ao que nos enfrontamos. As e os traballadores s… https://t.co/mi7DtgCZOU
Toda a nosa repulsa á sentenza da #Manada #NósCrémoste https://t.co/RxJUfRsuMm https://t.co/mJmx8cz0WC
Seguimos a traballar para que todos os días sexan #25deAbrilSempre https://t.co/tYW9o5A8vi