Sociedades profesionais

As sociedades profesionais están reguladas por Lei. Considérase sociedade profesional aquela que se constitúe para o exercicio en común da actividade profesional. Para formar parte delas haberá que acreditar unha titulación universitaria oficial e unha inscrición no correspondente Colexio.

O seu obxecto social é o exercicio en común dunha actividade profesional, con posibilidade de ser multidisciplinares, sempre que esas disciplinas non se declararan incompatibles por norma con rango de lei ou regulamento.

O contrato de sociedade profesional instrumentarase en escritura pública que, conterá, polo menos, as seguintes mencións:

  • Identificación das persoas outorgantes, especificando se son ou non socias ou socios profesionais.
  • Colexio profesional de referencia e nº de colexiación que se acreditará mediante certificación colexial; facendo constar os datos identificativos e a habilitación actual para o exercicio da profesión.
  • Actividade ou actividades profesionais que constitúan o obxecto social.
  • Identificación da persoa ou persoas encargadas da administración societaria expresando a súa condición ou non de socia/o profesional.

As sociedades profesionais deberán inscribirse no Rexistro Mercantil e igualmente no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio Profesional. Tanto a sociedade como as/os profesionais que a integran deberán adaptarse ao réxime deontolóxico e disciplinario propio da actividade de que se trate. O COTSG establecerá regulamentariamente o rexistro de Sociedades Profesionais dentro do seu propio ámbito de actuación.

REGULAMENTO REXISTRO DE SOCIEDADES PROFESIONAIS. Descargar pdf.

IMPRESO DE SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NO REXISTRO DE SOCIEDADES PROFESIONAIS. Descargar documento

Moita xente na mesa coordinada por nós sobre o empobrecemento nas persoas maiores #tecendorede https://t.co/2RFYYs8tfz
Mañá empeza GALIsenior, XI Salón Internacional das Persoas Maiores en @EXPOURENSE e queremos convidar a todas aquel… https://t.co/z2EWnHCUdE
Hoxe presentamos xunto con outras 17 asociacións 🙋‍♀🙋‍♂ o acordo "Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito" enfronte… https://t.co/UFcvOSKPDw
🔴🔴Loitar para recuperar os dereitos laborais é un dos retos sociais ao que nos enfrontamos. As e os traballadores s… https://t.co/mi7DtgCZOU
Toda a nosa repulsa á sentenza da #Manada #NósCrémoste https://t.co/RxJUfRsuMm https://t.co/mJmx8cz0WC
Seguimos a traballar para que todos os días sexan #25deAbrilSempre https://t.co/tYW9o5A8vi
Todo un pracer escoitar as reflexións e indicacións de @Gab_JRegalado falando de Traballo Social Clínico https://t.co/saLPuTgMrZ
Feliz #DiaMundialDoLibro. Nós conmemorámolo con este poema de Guisela López https://t.co/7oWl8igRZn
En breve celebrarase #Galisenior en @EXPOURENSE Convidamos a toda a colexiación e a calquera que estea interesado/a… https://t.co/UTuLevbVbr
A @SerGalicia entrevistou á nosa vogal de Discapacidade, Carmen Rodríguez sobre a situación dos EVOs en Galicia https://t.co/EJqXqD6XZd