Quendas e listaxes

Concepto
Perito ou perita é aquela persoa allea ao proceso xudicial que é chamado para tomar coñecemento de certos feitos e, logo de realizar as comprobacións e estudos previamente determinados, dar a súa opinión en relación aos puntos concretos sobre os que debeu de intervir en razón dos seus coñecementos técnicos.

Os requisitos establecidos pólo COTSG para actuar como perito ou perita son dous: estar colexiada/o e ter unha formación específica mínima na materia de 20 horas.

Procedemento
As/os peritos poden ser nomeados de tres formas:

  • de forma privada polas partes
  • a través do xulgado ou tribunal por el mesmo
  • a solicitude de unha ou ambas partes

A designación privada do/da perito non entraña ningunha especialidade salvo a súa aceptación e realización das súas funcións técnicas para as que sexa requirido pola parte desígnante.

A adscrición e integración na lista efectuarase por orde de recepción no COTSG das solicitudes das persoas interesadas. Esas solicitudes deberán enviarse no prazo establecido polo COTSG para ese ano e irán dirixidas á Secretaría da Xunta de Goberno.

Segundo o artigo 341 da lei de Enxuizamento Civil son os colexios profesionais os encargados, durante o mes de xaneiro de cada ano, de facilitar aos xulgados e tribunais unha lista de persoas colexiadas disposta a actuar como peritos. A primeira designación de cada lista efectuarase por sorteo en presenza do secretario ou secretaria xudicial e, a partires del, efectuaranse as seguintes designacións por orde correlativo.

Moita xente na mesa coordinada por nós sobre o empobrecemento nas persoas maiores #tecendorede https://t.co/2RFYYs8tfz
Mañá empeza GALIsenior, XI Salón Internacional das Persoas Maiores en @EXPOURENSE e queremos convidar a todas aquel… https://t.co/z2EWnHCUdE
Hoxe presentamos xunto con outras 17 asociacións 🙋‍♀🙋‍♂ o acordo "Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito" enfronte… https://t.co/UFcvOSKPDw
🔴🔴Loitar para recuperar os dereitos laborais é un dos retos sociais ao que nos enfrontamos. As e os traballadores s… https://t.co/mi7DtgCZOU
Toda a nosa repulsa á sentenza da #Manada #NósCrémoste https://t.co/RxJUfRsuMm https://t.co/mJmx8cz0WC
Seguimos a traballar para que todos os días sexan #25deAbrilSempre https://t.co/tYW9o5A8vi
Todo un pracer escoitar as reflexións e indicacións de @Gab_JRegalado falando de Traballo Social Clínico https://t.co/saLPuTgMrZ
Feliz #DiaMundialDoLibro. Nós conmemorámolo con este poema de Guisela López https://t.co/7oWl8igRZn
En breve celebrarase #Galisenior en @EXPOURENSE Convidamos a toda a colexiación e a calquera que estea interesado/a… https://t.co/UTuLevbVbr
A @SerGalicia entrevistou á nosa vogal de Discapacidade, Carmen Rodríguez sobre a situación dos EVOs en Galicia https://t.co/EJqXqD6XZd