Un dos compoñentes principais da autocompaixón é ser máis amables con nós mem@s. É moi probable que cando cometes erros  ou consideras que fracasas nalgún aspecto da túa vida, a tendencia é a tratarte peor, a non ser nada amable contigo, e que o teu discurso interno incluso sexa agresivo e moi doloroso para ti. Isto é tratarse sen autocompaixón. Aínda así queremos dicirche, que non debes preocuparte, é unha tendencia moi natural dos seres humanos. É importante comezar a introducir o hábito de ser máis amable con nós cando detectemos este tipo de pensamentos.

Outro dos compoñentes esenciais da  autocompaixón é, sen dúbida, a idea de humanidade compartida ¿en que consiste? é esa sensación de interconexión entre todas as persoas. Todos os seres humanos transitamos momentos difíciles na vida, saber e conectar con esta idea, coa idea de que  a vida supón sufrimento para tod@s nós, é algo que nos pode axudar para acadar unha autocompaixón sa. Pensar “a miña dor é similar a que puideches transitar ti”, polo que podo sentirme acompañad@.

Por último, outro dos elementos principais da autocompaixón, e do que xa falamos nalgún post anterior é o mindfulness, como esa capacidade, que se pode traballar, de estar no momento presente.

Contando con estes tres compoñentes: ser máis amables con nós, aplicar a idea de humanidade compartida e practicar mindfulness, poder levarnos a transitar a vida con máis calma e amor cara nós mem@s.

Que dis? Anímaste?