Estrutura Organizativa

O COTSG para o cumprimento dos seus fins e funcións organízase segundo a seguinte estrutura:

Asamblea Xeral

É o órgano superior de decisión, composta polo/a Presidente/a, e demais membros da Xunta de Goberno e por todas as persoas colexiadas presentes e legalmente representadas.

Xunta de Goberno

É o órgano colexial executivo e representativo ao cal lle corresponde o goberno e a administración do colexio.

Os cargos se proveen mediante elección, podendo acceder todos as persoas colexiadas que cumpran os requisitos fixados nos Estatutos. O COTSG ten carácter de entidade sen ánimo de lucro, do que se deriva que as persoas da Xunta de Gobierno non son remuneradas polo exercicio das súas funcións. A duración do mandato é de catro anos.

Composición da actual Xunta de Goberno:

  • Presidenta: Miriam Rodríguez Sierra.
  • Vicepresidenta: Antía Sobrino Bernaldo de Quirós.
  • Secretario: Antonio Doval Canabal.
  • Tesoureira: María Estela Rosende Villar.
  • Vogal: Ana María Rodríguez Fernández.
  • Vogal: Ana María Vilar Varela.
  • Vogal: Obdulia Pérez Fernández.
  • Vogal: Silvia Sanjurjo Constenla.
  • Vogal: María del Carmen Rodríguez Rodríguez.
  • Vogal: María Pilar Lema Rey.

Grupos de Traballo

É unha estructura de carácter voluntario, formada por Traballadores/as Sociais que participan e colaboran en proxectos do colexio, sendo de vital importancia e transcendencia para o desenvolvemento dos fins do COTSG. Na actualide están activos tres grupos de traballo:

    • Grupo de Traballo na Área de Saúde
    •  Grupo de Traballo de Mediación
    • Grupo de Traballo de Exercicio Libre da Profesión

Persoal

O COTSG conta cunha estrutura profesional formada por persoal técnico de Administración e Xestión, profesionais do Traballo Social e de Orientación Laboral, que executa o Plan de Traballo.

Departamentos

ADMINISTRACIÓN

Susana Neo

 info@traballosocial.gal

981568100 ext 1

Aquilino Santiago

 aquilino.santiago@traballosocial.gal

981568100 ext 1

FORMACIÓN

Fe Sampayo

fe.sampayo@traballosocial.gal

981568100 ext 2

MATIASS

Ana Fungueiriño

 ana.fungueirinho@traballosocial.gal

981568100 ext 3

EMPREGO. LABORAL

Mayka González

 mayka.gonzalez@traballosocial.gal

981568100 ext 4

 

Historia do Colexio

1967-2015

Esta institución con maís de 30 anos de historia, ten moitos e diversos momentos importantes na súa traxectoria. Destacamos os seguintes, aínda que hai moitos máis.

 

 17/12/1967 Constituese en Santiago de Compostela a Asociación Regional Gallega de Asistentes Sociales. Elixese como presidenta da mesma a Emilia Varela Vila.
 14/06/1970 Celebranse eleccións á presidencia de A.R.G.A.S., sendo nomeada presidenta Isabel Martínez Lage.
 28/03/1971 Tras a convocatoria de eleccións resulta elexida como presidenta Mª Elena Urestarazu y Ucín.
 07/10/1973 Isabel Grandal Nores é elexida presidenta nas eleccións de A.R.G.A.S.
 25/09/1976 Elixese como presidenta da A.R.G.A.S. a Carmen Sánchez Candelas.
04/12/1977 Artemia Dieguez Pérez é elexida presidenta nas derradeiras eleccións de A.R.G.A.S.
 10/02/1979 Na Asemblea Xeral de A.R.G.A.S. decidese cambiar o nome da Asociación, que de aquí en diante pasa a denominarse Asociación Galega de Asistentes Sociais.
 25/11/1979 Nas primeiras eleccións de A.G.A.S. é elexida presidenta Emilia Pérez Martínez.
 4/12/1981 Ana Mª Rodríguez Seoane é elexida presidenta. Estas son ás últimas eleccións de A.G.A.S. Durante este mandato levase a cabo o proceso de disolver a A.G.A.S. e da constitución do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia.
13/04/1982 Aprobase a lei de creación dos Colexios Oficiais de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais e do seu Consello Xeral. Entre este colexios figura o de Galicia.
 13/04/1982 Aprobase a lei de creación dos Colexios Oficiais de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais e do seu Consello Xeral. Entre este colexios figura o de Galicia.
 04/10/1982 Acórdase comunicar ó Goberno Civil o transvase do patrimonio e estructura de A.G.A.S. a Colexio Profesional de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais, en reunión da Comisión Xestora, e cumprindo o acordado en Asemblea Xeral.
 01/02/1983 Celébranse as primeiras eleccións á Xunta de Goberno do Colexio. O número de colexiados con dereito a voto é de 167, e o total de votos recibidos foi de 85, dos cales 25 foron de votantes persoais, e 60 foron votos por correo.
 05/02/1983 Toma de posesión da primeira Xunta de Goberno. A presidenta é Felicitas Rodríguez González.
15/12/1984 Celébranse as segundas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.
11/01/1985 Toma de posesión da nova Xunta de Goberno. A presidenta é Blanca Rodríguez Pazos.
08/02/1990 Celébranse as terceiras eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.
09/02/1990 Toma de posesión da nova Xunta de Goberno. A presidenta é Beatriz de la Torre Bermúdez.
21/01/1994 Celébranse as cuartas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.
10/02/1994 Toma de posesión da nova Xunta de Goberno. A presidenta é Julia A. García Álvarez.
07/05/1997 Celébranse as quintas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.
23/05/1997 Toma de posesión da Xunta de Goberno. A presidenta é Concepción Rancaño Osorio.
 06/04/2001 Inauguración do Sede do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia.
 02/05/2001 Celebranse eleccións a Xunta de Goberno do Colexio, son as sextas.
 25/05/2001 Toma posesión a Xunta de Goberno presidida por Pilar Couce Freire.
 10/03/2005 Celébranse as sétimas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.
 29/03/2005 Toma posesión a Xunta de Goberno presidida por Pilar Couce Freire. É o seu segundo mandato.
 05/06/2007 Pilar Couce deixa a presidencia. A Vicepresidenta Mª José Thomas Berbén asume a presidencia e convócanse eleccións (art. 23. Estatutos).
 5/10/2007 Celebranse as oitavas eleccións a Xunta de Goberno, ás que se presentan dúas candidaturas completas, denominadas Redondas e Thomas. Gañan as eleccións a primeira.
 25/10/2007 Toma de posesión da Candidatura Redondas, presidida por Mª José Redondas Vallejo.
 25/11/2011 Toma de posesión da nova Xunta de Goberno presidida por Juana María Tubío Ordóñez, tras as eleccións convocadas para o 12/12/2011 e proclamada electa de forma automática ante a ausencia doutras candidaturas.
 20/11/2013 Toma de posesión da nova Xunta de Goberno presidida por Marta Capeáns Outeiro tras a convocatoria de eleccións para o 10/12/2013 e proclamada electa de forma automática ante a ausencia doutras candidaturas.
09/01/2018 Toma de posesión da nova Xunta de Goberno presidida por Miriam Rodríguez Sierra, tras a celebración de eleccións o pasado 21 de decembro de 2017.
‼OLLO! No COTSG sorteamos unha viaxe formativa a Madrid para a colexiación e encargámonos dos gastos da matrícula e… https://t.co/iVvkEvFSut
👉Unha mostra máis do poliédrica que é a nosa profesión e da súa importancia para mellorar a vida e dar certezas ás… https://t.co/MwA1mR94Zh
🔴🔴Lembrade que o sábado 22 de setembro ás 11.30h está convocada unha xuntanza no Centro Sociocultural de Fontiñas d… https://t.co/XP0NhWaNEY
Os procesos de construción social deben ser sempre de arriba a abaixo e contando con todos os axentes que conforman… https://t.co/UADm9yEKFD
O borrador da Ordenanza Cívica do #ConcelloDeLugo sanciona ás persoas vítimas de exclusión social https://t.co/AmF47IArTQ
Abrimos o proceso de selección dunha persoa para levar a cabo as tarefas de administrativa/o na sede do Colexio. Da… https://t.co/76iTG7yduC
‼‼👉Difundimos este manifesto dun grupo de traballadoras e traballadores sociais do SAF 👉Nel expoñen as dificultades… https://t.co/58NRJjVQYi
Dende o COTSG, queremos agradecervos a vosa implicación e colaboración nas aportacións recibidas para engadir ás al… https://t.co/FVETD4bTRb
Posicionamiento do Consello Xeral do Traballo Social ante o RD Lei 9/2018 de medidas urxentes para o desenvolvement… https://t.co/T6NG28n5gl
As/os traballadores/as sociais reivindicamos a nosa plena capacidade para acreditar situacións de violencia de xéne… https://t.co/9p1X3HfC7G
Útil ferramenta para traballadoras e traballadores sociais para calcular se as persoas usuarias teñen dereito ao bo… https://t.co/vxtWaIC5Ul
Os disturbios no bar Stonewall, hai 49 anos en EEUU, provocaron que a poboación LGBTI alzase a súa voz e reclamase… https://t.co/OmovnQF7wF
#DíaMundialDasPersoasRefuxiadas Reformar o sistema de asilo que rexeita aos 1.300 inmigrantes que chegaron á front… https://t.co/ODiHWzqpDH
O 26 de xuño temos Asemblea Xeral! Queremos un colexio aberto, transparente, compartido, común, horizontal... Vés?… https://t.co/QyZ9Kmr59X